Venres. 03.12.2021
El tiempo

O BNI demostrou o seu potencial en Vimianzo

Acto BNI 6
O BNI demostrou o seu potencial en Vimianzo

A Rede Mundial da Business Network International escolleu a Casa da Cultura de Vimianzo para celebrar a súa entrega de premiso 2020. E non foi por casualidade, senón porque o Grupo Dolmen Costa da Morte tivo un papel destacado entre todos as delegacións desta especie de unións empresariais que forma a rede de networking “máis grande do mundo”.

De feito, ata catro galardóns foron para o grupo de traballo conformado por 75 empresarios da Costa da Morte: Mellor “Grupo Titanio”, mellor grupo BNI España CNM e as figuras de José Manuel Mato e Javier Fidalgo como “Gold Members”.

O director Nacional de BNI España, Mark Gibson, sinalou que “a razón de ser de BNI é axudar ás empresas a medrar, conseguindo máis clientes mediante a colaboración doutras empresas. Non lembro un tempo cando este tipo de colaboración fose máis importante que agora, e as persoas que integran a rede de BNI en Galicia son un exemplo a seguir neste senso. Enorgulléceme entregar, non por primeira vez, este recoñecemento ao esforzo destes empresarios galegos.”

No acto tamén estiveron directora executiva de BNI en Galicia, Susana Gómez, a alcaldesa, Mónica Rodríguez e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso e o director executivo de BNI, Juanjo Molinos.

Acto BNI 7
O representante de Íntegro recollendo un dos premios do BNI

Premios

Por categorías, recoñeceuse o papel de Alberto Pazos, de Teletécnicos; Beni Costas, de Talleres Ruso; Cristina Cortiñas, de Pétalos Decoración e Fernando Rivas, de Integradata dentro do apartado de “Membros fundadores”.

Comprendido no apartado “Directores 5 anos”, Fernando Álvarez, de Acción de Coruña e Ébano de Arteixo; Juan Carlos Villada, de Oro e VCR Breogán de Lugo e Rubén Couñago, de Terra Mar del Barbanza.

No sector do “Gold members”, Manuel Rodríguez, de grupo Reconquista de Vigo; Eladio Martínez, de Grupo Up de Vigo; Jesús Orgueira, de Grupo Brigantium da Coruña; Antonio López, de Grupo Albatros Ferrolterra; José Manuel Mato, de Grupo Dolmen Costa da Morte; Pepa Medina, de Grupo Up de Vigo; Lina Río , de Grupo Ágora de Vigo e Javier Fidalgo, de Grupo Dolmen Costa da Morte foron os destacados.

“Membro con maior GNC xerado en España no ano 2020” resultou José Antonio Misa, de Hormigones Valle Miñor, mentres que o “Grupo con máis GNC acumulado” foi para Verbum, e “Grupos platino” Up e Cenit, de Vigo. O Grupo Dolmen Costa da Morte foi escollido tamén como mellor “Grupo Titanio”.

Albatros, de Ferrolterra, foi concebido como mellor “Grupo Diamante”, namentres que Antonio López de Ortegal Oil-Grupo Albatros foi recoñecido como “Mellor membro BNI España CNM” e o “Mellor grupo BNI España CNM” recalou tamén en Grupo Dolmen Costa da Morte.

Novas relacionadas

comentarios