Martes. 30.04.2024
El tiempo

O Concello de Santa Comba pide a paralización do Parque Eólico Alvite II

PE Alvite II brana-do-madeiro-e-brana-do-albite
Afectación do Parque a varias brañas
O Concello de Santa Comba pide a paralización do Parque Eólico Alvite II

O concello de Santa Comba presentou un recurso de alzada solicitando a suspensión cautelar da autorización da Xunta do parque eólico de Alvite II, promovido por Green Capital Power entre os concellos de Negreira, Santa Comba e Mazaricos.
O proxecto do parque eólico afecta decisivamente á localidade de Barbeira (Fontecada) e ó lugar de Pazos, no Concello de Mazaricos; núcleos de gran producción láctea; e tamén de maneira significativa ó trazado do Camiño de Santiago a Fisterra- Muxía.

A maioritaria oposición veciñal e a defensa dos intereses patrimoniais do Concello, levaron ó goberno municipal encabezado polo alcalde Alberto Romar a tomar a decisión de solicitar a suspensión cautelar da autorización, avalado por amplia xurisprudencia.

O proxecto xa foi recortado, dos dosempresa reducira de 6 a 3 os viraventos a instalar vistos os informes medioambientais e patrimoniais desfavorables parcialmente na Declaración de Impacto Ambiental aprobada en xaneiro de 2023.

Fragmentación

Sinalan que Alvite II "constitúe un exemplo claro de fragmentación artificial de proxectos",  para evitar unha avaliación ambiental estatal. Un feito que xa provocou numerosas paralizacións.
“O proxecto do parque eólico Alvite II non pode ter sido en conta coma un parque eólico independente, senón coma unha segunda fase dun único parque eólico cunha potencia total de 68,1 MW, dos que 27 pertencen ao proxecto Alvite II, (reducidos con posterioridade a 17,7) MW, e outros 41,1 á primeira fase (chamada “Alvite”); compartindo ademais liña de evacuación que o conectan co tamén proxectado de Banzas (Outes) e compartindo Alvite e Alvite II poligonais.”

O concello de Santa Comba entende, tamén, que a omisión deliberada por parte de Green Capital Power S.L da existencia da base de extinción de incendios de Lomba II dentro da poligonal, deixa sin valorar as afectacións legais en materia de servidumes aéreas correspondentes aos heliportos.

O benestar animal nunha zona de alta producción gandeira tamén se vería perxudicado cos aeroxeneradores de Alvite II a menos de 500m de máis de 1000 vacas de explotacións de veciños de Barbeira.

No recurso de alzada do Concello de Santa Comba tamén está reflexados incumprimentos coa Lei do Solo de Galicia; vulneracións de Directivas Europeas relativas á conservación aos hábitats naturais e da fauna e flora; Incidencias sobre os recursos hídricos, e hidrolóxicos en humedais da zona, afectando a mananciais e a puntos de suministro de auga de uso doméstico e para o gando.

Tanto o Concello e Santa Comba como o de Mazaricos, afectados conxuntamente neste Parque de Alvite II, compartiron visión sobre as afectacións e información achegada de primeira man á veciñanza e esperan a suspensión cautelar da Autorización Previa emitida pola Xunta.

Dende a Asociación Petón do Lobo ofrecen información detallada do proxecto e un modelo de alegacións.

Comentarios