Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A empresa xalleira Lácteos Ferrado Verde como exemplo de innovación

Lacteos ferro verde SANTA COMBA3
A empresa xalleira Lácteos Ferrado Verde como exemplo de innovación

Esta pasada tarde de xoves, unha completa delegación institucional visitaba as instalacións da empresa de Santa Comba Lácteos Ferrado Verde. A alcaldesa María Pose recibía ao delegado da Xunta Gonzalo Trerno, así como ao xefe territorial da Consellería do Medio Rural, o ex alcalde de Mazaricos José Manuel Santos Maneiro.

A empresa é unha das beneficiarias con máis de 100.000 euros da orde de axudas para levar a cabo investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios cofinanciadas co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader).
As cooperativas agrarias foron valoradas coa meirande puntuación para recibir estas axudas que serviron para a construción, adquisición e mellora de bens inmobles, así como a compra de terreos ata un valor inferior ao 10% do total dos gastos subvencionables. Tamén, estas achegas sufragarán a compra de maquinaria e equipamentos novos, a adquisición de programas informáticos e de patentes ou licenzas relacionadas cos procesos produtivos.

 

Comentarios