Falece unha muller tras sufrir un accidente na súa maquinaria agrícola en Santa Comba

Este pasado domingo, pasadas ás 13:00h, unha muller perdía a vida tras sufrir un accidente cunha máquina agrícola no lugar dos Picotos, na parroquia de Santa Sabiña, no concello coruñés de Santa Comba. A vítima sofreu un contratempo cun vehículo mesturador, quedando atrapada.
Á chegada dos Bombeiros de Santa Comba, un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmara o seu falecemento, polo que tras agardar á chegada de Protección Civil, Garda Civil e o médico forense, procederon á extracción do corpo. A Garda Civil investiga os feitos.
Accidente na mañá do luns en Carnota
Esta mañá de luns, arredor das 7:30h, rexistrábase tamén unha saída de vía na estrada que vai de O Viso a Paxareiras, provocando unha persoa ferida leve. Acodiron a Garda Civil de Tráfico, GES Muros e Policía Local.
Dous feridos nun accidente en Carnota
A pasada noite do sábado ao domingo deixou dúas feridas ao sufrir unha saída de vía en Sofán, Lira, Carnota. Pasaba das 0:30h cando o 112 recibía a chamada dun dos ocupantes do coche, informando de que deran varias voltas de campá, provocando que un deles quedara atrapado. Os Bombeiros de Vilagarcía, dos Bombeiros de Cee e dos membros do GES de Muros acodiron se ben as vítimas puideron saír polos seus propios medios, sendo trasladadas ao Hospital Virxen da Xunqueira polo equipo sanitario de urxencia.
Accidentes con tractor en 2021
- Xullo 21: Novo accidente de tractor mortal en Santa Comba.
- Abril 21: Falece un home en Ponteceso ao envorcar o seu tractor.
- 06-03.2021: Dúas persoas feridas de consideración tras un novo accidente entre un vehículo e un tractor.
- 18-01-2021: Unha muller ferida tras un novo accidente cun tractor na recta de Pazos.
- Outubro 2020: Cae co seu tractor por un terraplén de 5 metros en Coristanco.
- Outubro 2020: Excarceran unha persoa tras outro accidente entre unha furgoneta e un tractor en Malpica.
- 24-09-2020: Novo accidente mortal entre un turismo e unha retroexcavadora.
- 18-09-2020: Falece un mozo mazaricán de 19 anos nun accidente entre un turismo e un tractor.
- Xullo 2020: Un accidente en Nemiña entre un tractor e un vehículo sáldase con dous feridos leves
- Xullo 2020: Outro accidente de tractor cóbrase unha nova vida en Santa Comba.
- Xuño 2020: Falece un home de 72 anos baixo o seu tractor en Fadibón.