Xoves. 13.08.2020
El tiempo

As feiras e mercados van recuperando a súa actividade

A Feira de Carballo xa abriu o pasado domingo-Foto-TurismoCarballo
A Feira de Carballo xa abriu o pasado domingo-Foto-TurismoCarballo
As feiras e mercados van recuperando a súa actividade

Despois das discrepancias en Xunta e Goberno con instrucións dispares sobre as feiras e mercados, a pasada fin de semana xa volvían colocar os seus postos moitos vendedores agroalimentarios na feira de Carballo. Foi unha das únicas da comarca que “reabriu”, pero esta semana seguirante outras. Luvas, máscaras de seguridade, distancia de seguridade entre os postos e entre os clientes

Se ben a de Vimianzo non volve aínda esta semana, o Mercadillo de Cee si que reinicia a actividade con 14 postos, de alimentación e produtos agrícolas, gardando todas medidas de seguridade. Segundo as indicacións, o resto de postos (roupa, complementos….) volverán á rúa a finais de xuño.

Unha volta á actividade que invita á reapertura de establecementos comerciais de menos de 400 metros cadrados, e da hostalería e restauración, coa reapertura das terrazas ao aire libre limitada ao 50% do número de mesas e establecendo un mínimo de 2 metros de distancia entre mesas. Cómpre lembrar que a ocupación máxima permitida por mesa é de 10 persoas.

A feira de Baio retoma a súa actividade

Outra que volve este domingo 17 de maio, como o terceiro de mes, será a feira tradicional de Baio, só con produtos agrícolas e de alimentación. O Concello de Zas marcará os postos ao longo da avenida Vidal Ríos mantendo as distancias de seguridade establecidas.

Ademais retomarase a actividade do feirón de Baio, que se celebra o 1º martes de cada mes, así como o mercado mensual de Zas (1º luns de mes). En ambos casos haberá unicamente produtos agrícolas e de alimentación. De feito, dende o Concello, co fin de promover o consumo de proximidade, están a falar con diferentes produtores locais e da zona para animalos a que traian os seus produtos de tempada á feira. “

Feira de Paiosaco

Outra que volverá ter actividade este domingo é a Feira de Paiosaco, no recinto feiral, recén renovado.

O Concello lembran que os produtores de produtos alimentarios teñen que reservar previamente o espazo para o seu posto chamando ao 981605001 entre o mércores e o venres en horario de 10:00 a 14:00 horas. En todo caso a instalación dos postos de venda farase entre as 8:00 e as 9:30 horas do domingo baixo a supervisión da Policía Local e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil para garantir o cumprimento das medidas de seguridade establecidas polas autoridades sanitarias competentes.

Novas relacionadas

comentarios