Martes. 08.10.2024
El tiempo

Un grave incendio dunha nave de aceite usado puxo en perigo polígono de Santa Comba

  • Última hora (18:00h): Os equipos de emerxencias dan por controlado o incendio que devorou por completo unha nave e puxo en perigo unha segunda en Santa Comba.
  • Última hora (13:30): O Concello está desprazando maquinaria pesada por se é necesario realizar diques anticontaminacion nas canles do río próximo debido á gran cantidade de auga con residuos da extinción.
  • O Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) desprazouse cunha cisterna de 25.000 litros de auga e un dron
Incendio Poligono Santa Comba 1
Un grave incendio dunha nave de aceite usado puxo en perigo polígono de Santa Comba

Dende as 11:00h da mañá deste luns, está habendo un incendio grave en dúas naves do polígono de Catro Ventos de Santa Comba. Unha é de Ingaroil, un almacén de aceite usado, un dos peores casos aos que se poden enfrontar os Bombeiros, pois o o líquido pode saírse dos contedores e acabar espallando o incendio.

Todos os medios de emerxencia municipais, así como os do Parque Comarcal de Bombeiros de Santa Comba, de Carballo e de Cee, a Garda Civil, Policía Local, Protección Civil, o 061, a Policía Autonómica e ata as motobombas procedentes do servizo de incendios forestais… xa están desprazados na zona, ao igual que a alcaldesa María Pose e o director Xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia.

Polo de pronto, cóntase un ferido cun problema nun nocello cando intentaba escapar do lume ao comezo do incendio.

A fumareda, negra, xa se ve dende boa parte da bisbarra.

Entradas ás 14:00h da tarde, a nave ardeu practicamente na súa totalidade, polo que, os traballos de extinción, céntranse, nestes intres, en atallar as lapas que tamén afectan á nave do carón. Trátase dunha  nave, onde se gardan pacas de herba seca e fertilizantes. Precisamente, son estes produtos químicos os que cómpre manter arredados do lume, por iso, os bombeiros retiraron boa parte do combustible -as pacas de herba seca- para un campo próximo.

Alcaldesa de Santa Comba no incendio
 

Incendio Poligono Santa Comba  2Incendio Poligono Santa Comba 4Incendio Poligono Santa Comba 3

Comentarios