Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Iván Couto, do simulador ao Rally de Maspalomas

Ariday con Ivan Couto en Maspalomas
Iván Couto (á dereita) con Daniel Sosa en Maspalomas
Iván Couto, do simulador ao Rally de Maspalomas

A Costa coñéceo polas súas paradas. O xalleiro Iván Couto é un clásico do Fútbol da Costa, se ben tras 4 anos no Dubra o curso pasado fichou polo Negreira. En branco pola pandemia, ademais sufriu unha grave lesión (rotura do tendo de aquiles) polo que de saltar baixo paus tense que esquecer polo menos ata comezos de 2022.

Pero non perdeu o tempo. ”Xa que non podía correr, a conducir”, comenta falando da súa outra paixón: o motor. Empezou montando o seu simulador de rallyes na casa, mellorando pouco a pouco as ferramentas, ata conseguir ter xa un nivel profesional. “Son moi avanzados, case coma se fose un coche de verdade, con campionatos super realistas, con circuitos reais de subidas… Dóuseme ben, e empecei a facer campionatos a nivel nacional, e a coñecer xentes como Víctor Senra… que tamén compiten en simuladores”, explica. E de facer partidas en liña con eles, a ir a campionatos, para facer as probas, e ir aprendendo cos mellores do circuito nacional.

”É unha ferramenta que cada vez se está usando máis e máis, e xa se vai usando moito a nivel profesional nos rallies e subidas, para coñecer os tramos, para ver como se comporta o coche…” explica.

Ivan Couto no seu simulador
Iván no seu simulador

O último campionato de simulaciñón no que particiou foi organizado pola Federación de Automobilismo de Las Palmas. Un evento moi ben montado, cun gran orzamento, no que os 5 campións virtuais de cada categoría, irían a competir nunha proba no Circuito de Maspalomas”.

Iván quedou entre eses 5 campións, e o pasado sábado tivo que acodir á illa canaria para participar nesa finalísima presencial. Foi dando unha volta ao circuito, os 5 participantes (4 canarios e o galego Couto) co mesmo Polo, e con dous dos copilotos máis recoñecidos de toda España, Daniel Sosa e Ariday Bonilla. “Había que arriscar bastante, e como había pouco tempo de preparación, a correr, adapteime máis rápido, arrisquei máis que o resto e conseguín quedar de 1º”, relata satisfeito.

Ivan Couto Competindo en Maspalomas
Iván competindo na final presencial do pasado sábado

Sobre os parecidos entre o simulador e o coche real, relata que “son superparecidos, a única diferencia é que se chocas vaiche doe… Ademais, no coche tes algo máis de información, porque notas a carretera no cú. Case penso que é incluso máis fácil na realidade que no simulador, pero claro, hai que ir con máis precaución”.

Xa era un soño poder subirse a un coche real e dalo todo no circuito, pero o soño aínda ten segunda metade. O campión desa final presencial poderá participar no mesmo Rally oficial de Maspalomas. Con Ariday como copiloto o vindeiro sábado 30 de outubro estará ao mando dun Suzuky que, coincidencias da vida está feito en Pasarela (Vimianzo), en ARVidal, xa un dos creadores máis famosos do estado.

Ivan Couto co Suzuky de AR Vidal
Iván co Suzuky de ARVidal co que competirá no Rally canario

Un futuro no coce?

Sobre o futuro, non o ten claro. “É difícil dar o salto. Hai que ter moito presuposto, e non é fácil ter continuidade”. En calquera caso, seguro que. o intenta con algunha de tantas empresas potentes de Santa Comba. “Sería bonito correr algunha carreira por Galicia, onde en xeral hai moitísima afección ao mundo do motor, pero tamén hai moita competindo”. “Por agora a disfrutar deste rally co equipo completo gracias á Federación de las Palmas”.

Comentarios