Luns. 01.06.2020
El tiempo

María Josefa cumple 106 anos

Maria Josefa Espasandin Caamano cumple 106 anos en Santa Comba
Maria Josefa Espasandin Caamano cumple 106 anos en Santa Comba
María Josefa cumple 106 anos

Moita xente a coñece por "Maripepa de Rieiro”, pero a ela lle gusta o seu nome completo, María Josefa Espasandín Caamaño. A xalleira máis lonxeva celebrou onte os 106 anos na compañía da súa familia.

Nacía un 10 de Maio de 1914, nun mundo ben diferente ó actual, en Rieiro- Arantón, e, cos seus esplendorosos 106 anos, conserva unha saúde e actividade envexable.

María Josefa é a auténtica raiña da súa casa, aínda que o que máis está botando de menos nestes meses de confinamento é "as visitas ó Centro Socio-Comunitario de Santa Comba", a onde acudía case tódolos días, incluídos os que había baile.

O feito de non poder sair da casa polo coronavirus faille a María Josefa tirar de privilexiada memoria e lembrar “o que lle contaba súa nai, que cando era unha nena houbera unha gripe moi mala" ; aludindo á mal chamada "Gripe Española" que diezmou a población mundial, española e galega alá polo 1918.

Cumpleanos da xalleira Maria Josefa EspasandinAlcalde de Santa Comba David Barbeira García, fíxolle entrega dun ramo de flores e dunha torta para celebrar tan sinalado.

Novas relacionadas

comentarios