Luns. 14.10.2024
El tiempo

Muuuuita Festa en Santa Comba

MUUUUITA FESTA EN SANTA COMBA
Muuuuita Festa en Santa Comba

O vindeiro domingo 5 de xuño, o Campo da Feira de Santa Comba acolle unha xornada moi gandeira. O mundo da vaca estará ao teu alcance con cociña en vivo, música e actividades variadas.

Será o mesmo Xosé Ramón Gayoso o que lea, para abrir a festa, o “Manifesto da Frisona”.

Manuel Costiña, o Chef do Retiro da Costiña; Oscar de Toro, Barista do Café Venecia; e Aurelio Vázquez, Chef da Casa Aurelio, realizarán varias demostracións de cociña en vivo.

A Música chegará a cargo da Agrupación musical, Axio Mouro e a gran cita será co concerto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre.

Pero ademais, durante toda a xornada poderás disfrutar dun tren turístico, artesáns en vivo, radio Xallas en directo, Frisona Parade con Cestola na Cachola e o primeiro gran mural de Santa Comba da man de Mutante Creativo.

Comentarios