Venres. 19.04.2024
El tiempo

Novas actividades dos Empresarios de Santa Comba

Cursos Santa Comba
Novas actividades dos Empresarios de Santa Comba

A Asociación de Empresarios de Santa Comba en colaboración co Concello de Santa Comba organiza un curso de informática sobre facturación electrónica, certificado dixital e trámites coa administración, que terá lugar na aula cemit do edificio multiusos en horario de 20 a 22 h, os días 16, 18, 23 e 25 de setembro e de carácter gratuíto e as prazas xa están cubertas aínda que se prevé que máis para adiante se poida realizar outro grupo dependendo da demanda.

Roteiro

Así mesmo a nosa entidade xunto a Asociación Costavales organiza un roteiro de plantas silvestres para o domingo 29 de setembro cunha duración estimada de tres horas, ese día ás 11 da mañán a saída é dende o edificio multiusos para facer un roteiro e identificar plantas silvestres e medicinais dirixido por César Lema Costas, doutor en bioloxía, prezo a vontade.

E pola tarde a partir das 4 e ata as 7 da tarde na cociña da vivenda comunitaria realizarase un obradoiro de cociña silvestre impartido por Patricia Puga experta en alimentación e cosmética natural, o prezo do obradoiro para os asistentes é de 25 euros.

Para asistir ao roteiro e obradoiro é necesario inscribirse previamente xa que hai prazas limitadas, pódeno facer a través do correo electrónico no seguinte enderezo, [email protected] e do teléfono 981818604 en horario de mañán ou por whatsapp ao 633181817.

Comentarios