Novo accidente mortal entre un turismo e unha retroexcavadora
Novo accidente mortal na comarca do Xallas. A semana pasada era un mozo de Mazaricos o que perdía a vida tras chocar contra un tractor. Hoxe é un home, duns 45 años, natural de Cubelo, Santa Comba, e residente en Carnota, o que perdía a vida tras outro accidente entre o seu turismo e unha retroexcavadora.
Eran as 7:50h da mañá, no tramo recto, sen iluminación artificial, da AC-400 (PK: 62,300 TM) preto da Pereira, no Concello de Santa Comba. Segundo informa o Equipo de atestados de Gardia Civil Corcubión, que investiga as causas, o home quedaría ferido atrapado, pero cando os Bombeiros de Xallas conseguiron liberalo xa estaba sen pulso.
Desde o 112 Galicia, pediuse tamén a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, así como dos membros do Servizo Local de Protección Civil e persoal de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas.