Piden a blindaxe das Brañas de Castriz antes de que o proxecto mineiro ameace as súas especies
A Asociación ambienal Cova Crea vén de enviar un escrito ao alcalde de Santa Comba para que “blinde medioambientalmente” a coñecida como Braña da Serra, situada etre os lugares de O Sisto,Os Matos e Boaña, na parroquia de Castriz. Solitican ao concello que inicie o expediente de protección ambiental para catalogar a zona como ENIL (espazo natural de interés local) ou EPIN (espazo privado de interés natural).
A entidade considera que estes “terreos húmidos, formados por zonas de prado e monte raso” “desempeñan un papel ecolóxico fundamental de servizos ecosistémicos”, nestas épocas de cambios climáticos drásticos.
A entidade ambiental realiza esta petición previndo a súa posible afectación polo proxecto mineiro chamado “Proxecto Corcel”, sobre o que Concello e Asociacións medioambientais pedían información esta mesma semana, ante as posibles catas “ilegais” que está realizando a emrpesa Eurobattery Minerals.
Novas sobre a minaría
- 05-10-2020: Concello e Asociacións preguntan sobre as posibles catas mineiras “ilegais” do “proxecto Corcel” en Castriz.
- Abril 2020: Corcoesto: Outra batalla xudicial vencida pola cidadanía.
- Xullo 2019: Santa Comba creará un Museo da Minaría.
- Piden á Xunta a restauración integral da explotación mineira do Monte Neme.
- Decembro 2018: Caolines de Vimianzo levanta a veda mineira na comarca de Bergantiños.
- Xaneiro 2017: Piden no Parlamento Europeo a cancelación defintiva do proxecto mineiro das 7 Julias.
- 2016: As minas de Barilongo de Santa Comba, un escenario de película.