Xoves. 01.10.2020
El tiempo

Corcoesto: Outra batalla xudicial vencida pola cidadanía

Imaxe dunha das manifestación en contra da mina de ouro de Corcoesto en 2013
Imaxe dunha das manifestación en contra da mina de ouro de Corcoesto en 2013
Corcoesto: Outra batalla xudicial vencida pola cidadanía

Outra batalla xudicial vencida pola sociedade para esta eterna historia que comezaba aló por 2011. Daquela, coas máquinas xa polos montes de Bergantiños, tardou un ano a poboación en unirse nunha Plataforma, pero a loita durante máis de 5 anos serviu  para alonxar a especulación, e a minaría, das terras de Bergantiños.

Foi a mobilización social, tanto na comarca, como capital de Galicia do verán de 2013, ao berro do #MinaNON, a que conseguiu que a Xunta paralizase o proxecto en xullo de 2013. Pero a sombra do ouro sempre estivo enriba de Corcoesto, mesmo cando en 2015 a Xunta determinaba a perda dos dereiros da empresa promotora, Edgewater, pois o borrador do PXOM deixaba a porta aberta á megaminaría.

Pero o pasado 14 de abril 2020 clarexou o ceo de Corcoesto trala última etapa da arbitraxe celebrada no Tribunal Arbitral de UNCITRAL (o CNUDMI) de París. O principal órgano xurídico do sistema das Nacións Unidas no ámbito do dereito mercantil internacional desestimou a reclamación da mineira en favor de España, pois as denuncias diríxense contra o Estado español en virtude do dereito internacional. Deixa así sen efecto a indemnización millonaria que pedía a empresa.

Unha nova moi xusta para o colectivo “Contraminacción, Rede contra a Minaría destrutiva na Galiza” e a “Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños”, que lamenta en todo caso que non se esclarezan supostas connivencias do presidente da Xunta de galicia como do alcalde de Cabana.

En calquera caso, a empresa xa anunciou que o procedemento aínda non termina, pois interporá procedemento de anulación. Ademais, en Galicia existen moitos máis proxectos mineiros, como o de Touro, tamén recentemente rechazado.

Novas relacionadas

comentarios