Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Plan Estruturante da ampliación do Polígono de Santa Comba, o primeiro de Galicia

221122 AVM POLIGONO SANTA COMBA 1
O Plan Estruturante da ampliación do Polígono de Santa Comba, o primeiro de Galicia

Xa o avanzaron a semana pasada. A ampliación do Polígono de Santa Comba está máis preto. A Xunta vén de licitar un Plan estruturante de ordenación de solo empresarial (PEOSE) o primeiro de toda Galicia que segundo a Xunta, permitirá “rapidez e eficacia nas tramitacións”, gracias á posta en vigor da Lei de áreas empresariais que entrou en vigor o 10 de novembro.

Deste xeito, e cun orzamento de 190.000€, a Xunta vén de licitar este Plan (aberto ata ata o vindeiro 28 de decembro) para incorporar ao actual parque algo máis de 200.000 metros cadrados. Ademais, os traballos licitados inclúen tamén os proxectos de urbanización, de delimitación de fases e de parcelación da referida ampliación.

Unha ampliación que permitirá triplicar a superficie do polígono.

Na actualidade, xa están vendidas as 41 parcelas dispoñibles de xeito que para poder responder á demanda de solo empresarial existente na zona, proxectouse unha ampliación co fin de poder habilitar preto de 121.000 m 2 adicionais para albergar novas parcelas industriais e comerciais.

Novas relacionadas

Comentarios