Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Preguntan polas obras de canalización da saída da Carballeira da mina de Varilongo

Obras de canalizacion a saida da mina da Carballeira
Obras de canalización á saída da mina da Carballeira
Preguntan polas obras de canalización da saída da Carballeira da mina de Varilongo

Pendentes aínda dos resultados das analíticas das augas da mina, o Concello de Santa Comba vén de enviar un requerimento á empresa da Mina de Varilongo, a mercantil Galicia Tin & Tungsten SL, para que expliquen como realizaron as obras de canalización á saída das mina da Carballeira. Xa daquela, fontes municipais avisaban de que non recibiran notificación das obras, e de aí esta requerimento, “un procedimento coma se fose calquera outra empresa ou veciño de Santa Comba”, sinala o alcalde, David Barbeira.

Un Barbeira que quita ferro á acusación da Asociación Ambiental Petón do Lobo, que aseguraba nunha nota de prensa que “o Concello de Santa Comba inicia expediente sancionador contra a mina de Varilongo”. Para Barbeira, “non é certo, non hai ningún expediente. Ademais comprobei eu mesmo que non hai ningún bombeo, que a que sae é auga da chuvia, e que estanse facendo as inspeccións oportunas pola Xunta e Augas de Galicia, e por agora cumplen os requisitos. Cando non o fagan tomaremos medidas, por suposto”, sinala o alcalde.

Petón do Lobo asegura que “a empresa destaponou o transversal de desaugüe Carballeira para verter a ao exterior auga que se encontraba almacenada no interior da mina desde fai unha década. Ademais de levantar a quebra existente no interior do transversal, de 400 metros de lonxitude, a empresa realizou modificacións non autorizadas nunha vía pública para evacuar as augas que, presumiblemente, conteñen altas concentracións de metais pesados”.
Os resultados das analíticas, polos que seguimos preguntando, ofrecerán moitas respostas.

Novas relacionadas

Comentarios