Mércores. 24.04.2024
El tiempo

San Bartolomeu consolídase como "planetario" natural nunha nova xornada de visibilidade das estrelas

a52ccab1-1300-42f6-aae9-cc2e1d5a2f93
San Bartolomeu consolídase como "planetario" natural nunha nova xornada de visibilidade das estrelas

A noite das Perseidas ou "bágoas de San Lorenzo" reuniu no maravilloso entorno natural e patrimonial do Monte de San Bartolomeu a máis de 200 persoas de tódalas idades nunha actividade divulgativa integrada no Programa " O Camiño das estrelas. As estrelas do Camiño" que contou coa inestimable colaboración do persoal do Observatorio "Ramón María Aller" da Universidade de Santiago de Compostela.

A fría noite de agosto non restou presenza a veciños e veciñas de Santa Comba e de concellos como Carballo, Malpica, Val do Dubra ou Negreira na Andaina e posterior avistamento e relato sobre o fenómeno das Perseidas e doutros astros, visibles, xunto coa lúa chea, invitada de excepción da xornada.

Os profesionais do Observatorio, ademais de explicar tódolos elemtos astronómicos visibles nesta zona ( planetas, constelacións, satélites, estrelas ou cometas...) e puxeron a disposición dos participantes tres potentes telescopios que achegaron os astros a todos os que quixeron coñecer un pouco máis do tema.
O frío que acompañou toda a noite foi combatido por un café quentiño ó que convidou o Concello de Santa Comba, e que permitiu que as tertulias sobre estrelas se alongaran ata comezar a madrugada.

Con xornadas coma esta, e outras que virán, o Concello xalleiro pretende colocar ao milenario monte de San Bartolomeu como enclave estratéxico para os amantes da observación das estrelas, xa non na comarca, senón en toda Galicia; ademáis de propór actividades culturais e de ocio alternativo dirixidas a tódalas idades.

1cac83f1-a397-4656-a1e4-67c95d309244

b5eeeeef-b22d-4e41-ae2c-6400f38000b7

e65b2b2d-0b93-499a-98c5-ebded13089e1

e005958b-c829-4d47-9bfb-74e20e8a4eef

fb5c1414-cc18-4f64-8345-14dfbd3adee1

Comentarios