Venres. 26.04.2024
El tiempo

Santa Comba informa sobre a recollida selectiva do contedor marrón e a recollida de aceite doméstico

Quinta Fraccion en Santa Comba
Santa Comba informa sobre a recollida selectiva do contedor marrón e a recollida de aceite doméstico

Vén de iniciar unha campaña de concienciación medioambiental o Concello de Santa Comba sobre o funcionamento do contedor marrón, así como a recollida de aceite de cociña usado. A compostaxe doméstica domiciliaria, chamada a quinta fracción, xa leva un ano instalada na capital municipal convertindo os refugallos orgánicos en compost.

Trátase dun programa urbano semellante ao que o da compostaxe caseira fai no rural. Así, a veciñanza que así o queira, pode recibir unha chave para botar os biorresiduos en bolsas compostables nos contedores marróns.

Por último, no stand, tamén se dou información sobre a recollida de aceite de cociña usado. Dito sistema de recollida é de reciente implantación no concello. Unha vez utilizado o aceite de cociña, débese recoller e almacenar cun funil en botellas de plástico na vivenda, para unha vez cheas, despositalas nos contedores laranxa que se atopan nas rúas. No concello tamén teñen a disposición de todos aqueles que queiran funis para dito proceso.

Comentarios