Venres. 26.04.2024
El tiempo

Santa Comba sumérxese no seu patrimonio relixioso gracias á implicación da estudante Sandra Capelo

Sandra Capelo recollendo patrimonio relixioso en Santa Comba
Sandra Capelo recollendo patrimonio relixioso en Santa Comba
Santa Comba sumérxese no seu patrimonio relixioso gracias á implicación da estudante Sandra Capelo

A nova Historiadora de Arte xalleira Sandra Capelo Souto (que durante estes meses de estudo recibía a magnifica noticia da notaza do seu Traballo de Fin de Grao) avanza durante estes meses o estudo e búsqueda de datos das Igrexas parroquiais, capelas e Ermidas do Concello de Santa Comba.

Un traballo de Catalogación de Patrimonio Relixioso que forma parte dun proxecto de Voluntariado Cultural no que Sandra Capelo está apoiada polo Concello de Santa Comba, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil, e que ten como finalidade, ademais de acadar unha publicación especializada sobre este patrimonio xalleiro, obxectivos intanxibles como a transmisión da labor, do valor e do coñecemento artístico desta Terra a través de xeracións e séculos; e do mesmo xeito, facer fincapé en que coidando este patrimonio estamos coidando de nós mesmos e da nosa historia.

"Unha labor de formiguiñas" é unha boa definición do traballo que está a levar a cabo Sandra Capelo na búsqueda do maior número de datos posibles que poñan en valor tanto os edificios relixiosos de Santa Comba como o que neles se alberga, así como a súa historia. Toda esta información se plasmará nunha guía accesible para veciños e visitantes.

Un traballo de constancia, paciencia, meticulosidade e detallismo para conseguir datar, describir e atopar o inicio de todo ou casi todo.

Sandra Capelo recolle o patrimonio relixioso de Santa Comba

Coas igrexas de Cícere e Santa Sabiña bastante avanzadas, logo tamén das visitas ao Arquivo eclesiástico do Mosteiro de San Martiño Pinario (auténtica e fantástica aventura investigadora), o estudo continúa estas semanas profundizando nas Igrexas de Santo André da Pereira, San Martiño de Fontecada, San Pedro de Castriz e, en breve, San Xoan de Grixoa e San Vicente de Arantón.

O proceso é moi laborioso con visitas, fotografiado, contraste coas poucas publicación a sobre o tema existentes, e a aventura do Arquivo, lendo e relendo auténticas xoias documentais, moitas delas con casi 300 anos de antigüidade.

Só con paciencia se atopan datos da construcción de retablos, tribunas, vidrierias, campanarios e campás, compra ou donación de Santos, artistas e canteiros que fixeron os traballos de Igrexas, na súa maioría enmarcadas no Barroco galego, que comparten características con outras similares do noso país, e entre elas. Incluso van aparecendo datos de Igrexas que lamentablemente xa non existen, como a Igrexa antiga de Santa Comba, derruida en 1960.

Cabe destacar tamén a colaboración de veciños (veciñas, fundamentalmente) de cada parroquia á que se achegan os traballos de investigación, que aportan datos e sabiduría popular, útiles tamén para profundizar na información de cada parroquia.

Comentarios