A Xunta declara finalmente a caducidade das concesións mineiras de Varilongo

Tras moitas denuncias, por a Xunta vén de declarar finalmente a caducidade das concesións mineiras de Santa Comba, que afectan tanto á histórica mina de volframio de Varilongo como ao novo proxecto de mina a ceo aberto de Corcel Minerals en Castriz.
Así o celebra Ecoloxistas en Acción tras anos de batalla pola liberación deste espazo, pero ao mesmo teño esixe á Xunta que obrigue á mineira australiana a constituír un aval de como mínimo 5 millóns de euros para facer frente á restauración, peche e clausura da mina. Entenden que “o plan de restauración aprobado en 2011, cun irrisorio orzamento de 53.000 euros e nunca sometido a participación pública, é totalmente insuficiente para facerse cargo do peche e clausura da mina, cun custo real de restauración será de varios millóns”. Esperan que non aconteza como no Monte Neme
Lembran que a mina de estaño e volframio, propiedade da mesma empresa australiana que pretende reabrir as minas de San Finx, leva abandonada de 1986, fai máis de 30 anos.
Novas relacionadas
- Decembro 22: Alertan do perigo dunha hipótetica rotura da balsa mineira de Varilongo.
- 23-12-22: A Xunta anula a solicitude de vertido á mineira que intenta operar en Varilongo.
- Novembro 22: A Xunta inicia o proceso de caducidade das concesións mineiras de Varilongo.
- Novembro 22: Esixen a Xunta que cancele as concesións da mina de Varilongo .
- Novembro 22: A mineira de Varilongo: Diferente nome pero mesma estratexia.
- Abril 22: A mineira Rafaella Resources denuncia á Comunidade de Montes de Grixoa de Esternande pola plantación masiva de carballos nunha parcela da mina.
- Marzo 22: O Concello bota de Santa Comba á empresa mineira australiana Rafaella Resources
- Marzo 22: A veciñanza de Grixoa de Esternande converte un espazo da mina de Varilongo na Carballeira das Casas Vellas .
- Marzo 21: Colectivos ecoloxistas denuncian que as augas da mina de Varilongo levan metais pesados
- Outubro 20: ”É totalmente falso que Euro Battery poida explotar níquel, cobre e cobalto na Braña de Castriz”.