Un Verán Cultural cheo de maxia e música lírica por Santa Comba
- A piscina municipal ao aire libre abre hoxe mércores

Presentou o Concello de Santa Comba o seu programa do Verán Cultural. Un programa que xa arrinca este mércores 29 de xuño co show de maxia de Charly Braun e José Benigno ás 19:00h no Campo da Feira.

Xa o sábado 23 de xullo toca baile tradicional con Xacarandaina (ás 22:15 no pavillón).
O domingo 31 de xullo, Xarope Tulú trae unha obra infantil sobre a lingua ao campo da Feira (19:00h).
O luns 1 de ahosto, acto de presentación das fotos finalistas do Concurso Enfocando Santa Comba.
O luns 8 de agosto, ás 18:00h na piscina, “Galicia ilusiona”, outro espectáculo familiar de maxia.
Xa o sábado 3 de setembro, a banda residente na Sala Mardigrass da Coruña, Exit, trae o seu tributo ao Hard Rock ás 22:00h ao Campo da Feira.
E porá o broche o sábado 10 de setembro, Joel Padín coa súa música tradicional, ás 21:30h na praza do Concello.
Feros Corvos
Especial atención merece o programa do Festival Feros Corvos. O Ateneo Xalleiro xa abría este pasado domingo a serie de actos co concerto lírico de Mércedes Hernández e Fernando Reyes. Pero a cousa continúa durante os meses de xullo agosto, e sobre todo setembro.
Apertura da piscina
Este mércores, abre a piscina municipal ao aire libre, cun horario de 12:00h a 20:30h.
