Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Un vertedoiro ilegal entra na campaña de Santa Comba

  • A Garda Civil atopa no vertedoiro ilegal residuos da empresa agrícola do nº6 da lista de Alberto Romar e ex concelleiro de Medio Ambiente
Vertedoiro Ilegal en Santa Comba
Un vertedoiro ilegal entra na campaña de Santa Comba

A campaña en Santa Comba vense empañada por un asunto medioambiental. O Seprona vén de levar a cabo unha denuncia por un vertedoiro incontrolado de residuos en Fontecada, preto do Camiño Real. Ben é certo que se trata dunha zona de monte común que a veciñanza con menos respecto polo medioambiente ten usado en innumerables ocasións como “punto sucio”, pero desta volta as implicacións políticas convirten a situación en argumento electoral.

A raíz dunha denuncia ante a Garda Civil de Outes dun veciño de Mazaricos que denuncia un vertedoiro incontrolado na marxe do Camiño en Fontecada. O Seprona chegaba ao lugar o 11 de abril atopando unha verdadeira desfeita, con uralitas, residuos de construción e demolición, restos agrícolas e gandeiros, envases de residuos perigosos como hidrocarburos, electrodomésticos, colchóns, persianas, bolsas plásticas, neumáticos, restos de medicamentos veterinarios… e ata restos de animais.

Xunto todo isto, a Garda Civil atopa varias cintas plásticas co nome dunha empresa de construción da zona, sita en Barbeira, así como sacos de plásticos de fertilizandos coa etiqueta de “Carlos Turnes”. Falamos dunha persoa que vai nos postos de saída da lista do PSOE encabezada Alberto Romar, concretamente no nº6, despois de ser Concelleiro de Medio Ambiente nos dous primeiros anos desta lexislatura con David Barbeira na alcaldía, e logo de non apoiar a moción de censura que deu o poder a María Pose e que acabou coa expulsión de Ucha Velo e Cristina Fajín do partido socialistas.

Vertedoiro Ilegal en Santa Comba 1
Depósitos de plástico de residuos perigosos semellantes atopados no vertedoiro e na granxa de Turnes

O informe da Garda Civil recolle que durante a visita á explotación gandeira de Turnes, Avancar, sita en Salgueiroas, ao outro lado do Concello, atopan recipientes plásticos non homologados con residuos de aceite industria usado, baterías sobre terreo natural, filtros de aceite usado, plásticos sen xestionar…

O Seprona informa ao Concello do suceso así como a Medio Rural para precintar o vertedoiro ilegal, mentres dende a Fiscalía levan adiante a denuncia por incumprimento dunha ser de leis medioambientais.

Estado da granxa
Imaxes do informe do Seprona da granxa inspeccionada

 

Comentarios