A man culpable do alcalde de Coristanco


Segundo a última proba caligráfica realizada polo Xulgado, parece ser que foi o mesmo alcalde, Antonio Pensado Plágaro, o que escribriu da súa man un escrito alentando aos veciños a mobilizarse contra unha empresa e favorecendo a outra, incorrendo así nun suposto delito de prevaricación.
Unha nova proba que implica a un alcalde en contra dos seus veciños, e que terá que explicar no vindeiro pleno do último mércores de mes ás 9:00h pois TeGa vai presentar unha moción de urxencia.
E o fai ante “a grave situación e presunta corrupción total que estamos vivindo no concello de Coristanco”. TeGa pedirá a urxente aclaración dos feitos así como a dimisión inmediata do alcalde, tanto “polas gravedades do asunto como polo trato partidista e de favoritismo que tivo en todo este proceso”.
A maiores, lembram que “o alcalde presuntamente mentiu na súa declaración ante a xuiza, o cal da indicios da maneira que ten de colaborar coa xustiza”.
O BNG tamén estará no pleno
Ademais, o BNG tamén presentará, para o pleno do próximo mércores, unha batería de preguntas relativas á situación do Concello de Coristanco e a súa parálise e funcionamento caciquil. O BNG preguntará polo estado do Plan Xeral, do que “non se deu ningún tipo de información nos dous últimos anos, a pesar de ser un tema de capital importancia”.
Tamén, polos “expedientes abertos á secretaria municipal, que se acumulan, o que demostra a politización deste asunto e os escuros intereses do alcalde”. E, nunha liña parecida, o BNG volverá preguntar tamén “polas acusacións de tramitación discriminatoria de expedientes urbanísticos, unhas denuncias que parecen ir na liña do coñecido esta fin de semana a raíz da proba caligráfica ao alcalde, onde parece constatarse que, por desgraza, neste concello, non todos/as somos iguais”.
Novas relacionadas
- Piden que se anule a inhabilitación á Secretaria Municipal de Coristanco.
- A oposición ve unha man negra no intento de inhabilitación da secretaria municipal de Coristanco.
- A APLU abre expediente por unhas naves en Coristanco tras un posible trato de favor da alcaldía.
- 22-09-14: TeGa persóase no Xulgado con máis argumentos contra os imputados de Coristanco.
- O BNG de Coristanco denuncia vertedoiros incontrolados e novas sospeitas de prevaricación.
Máis novas
- O BNG escolle as súas cartas para as eleccións en Cee e Coristanco.
- As parrilladas do alcalde de Coristanco.
- Fotodesfeita: Soneca plenaria en Coristanco.
- De subvencións perdidas e mesas de contratacións envelenadas por Coristanco.
- Outro edificio municipal, sen uso.
Fonte
- Notas de prensa do BNG de Coristanco.