Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A oposición ve unha man negra no intento de inhabilitación da secretaria municipal de Coristanco

A oposición ve unha man negra no intento de inhabilitación da secretaria municipal de Coristanco
Imaxe dun Pleno en Coristanco

Segue a oposición alzando a voz unha e outra vez contra inacción do goberno municipal de Antonio Pensado a fronte do Concello de Coristanco. Hoxe, o BNG e TeGa preguntan sobre o asunto da inhabilitación da secretaria municipal. Por unha banda, TeGa denuncia que o “alcalde négase a dar información sobre o expediente”, mentres o BNG entende que hai “intereses escuros detrás do intento de inhabilitación da secretaria” por un suposto “maltrato ao material municipal”.

TeGa: “O alcalde néganos a información sobre o expediente á secretaria municipal”

Así o denuncia o grupo TeGa, que se sinte “extrañado pola falta de información sobre cómo, e por qué se lle abriu un expediente disciplinario á secretaria municipal”. Pero, sobre todo, síntense “preocupados polo que podería ser unha maniobra de posible acoso laboral a un funcionario do noso concello, solicitamos por escrito o 24/10/2014 a oportuna información ao sr. Alcalde”.

Sinala TeGa que a resposta do Concello á súa petición de información chegou “fóra do prazo marcado pola lei”, pero ademais “é unha burda e insultante evasiva, evidenciando que algo extraño debe de haber detrás do citado expediente”. Na súa contestación, o alcalde négase a dar a información que solicita TeGa xa que entende que “non ten relevancia para o desempeño da nosa función”.

O BNG considera que se trata dun "xuízo" político e ficticio

Considera o BNG que “o expediente aberto á secretaria municipal é unha cortina de fume que pretende tapar a incompetencia do goberno municipal, facendo responder da parálise administrativa a unha persoa polo simple feito de non comulgar con rodas de muíño”.

Sinala que o asunto é un exemplo das “máis de dúas décadas de goberno nepotista e caciquil é incapaz de asumir as regras de xogo dun sistema democrático limpo”. E denuncia que “a razón da petición de inhabilitación para a secretaria ten moito que ver coa existencia de informes contrarios aos seus proxectos municipais, coa esixencia de procedementos regulados para a contratación de obras ou coa presenza dunha persoa á que consideran incómoda”.

Por iso, consideran que “coñecer que se acusa a unha funcionaria con habilitación de carácter nacional de “maltrato” ao material municipal resulta cando menos ridículo”, considerando o asunto un “xuízo político”.

Novas relacionadas

Fonte

  • TeGa e BNG de Coristanco.

Comentarios