1.700 escolares derrubaron as portas do Castelo de Vimianzo coas visitas guiadas
Sempre destacamos que potencialidade máis grande dos nosos tesouros patrimoniais son as visitas escolares. E por Vimianzo (tamén por Cabana con Dombate, onde non paran de chegar autobuses cargados de nen@s) teñen claro que hai que ensinarlles aos nosos cativos a nosa riqueza etnográfica.
Este ano foron máis de 1.700 alumnos os que coñeceron o patrimonio de Vimianzo durante o primeiro programa de visitas escolares que armou o Concello a través do Departamento de Turismo e Patrimonio Cultural. Centros de ensino de toda a provincia derrubaron as portas do Castelo vimiancés para disfritar das visitas didácticas dirixidas, completando así o un ano intenso de visitas na fortaleza medieval, e tamén na ruta dos dólmens ou no conxunto de muiños e batáns do Mosquetín.
En vista dos resultados dende o Concello xa valoran a renovación da proposta para o vindeiro curso, así como a creación e mellora constante de materiais didácticos, mais polo presente toca celebrar o fin de curso ante unha fortaleza xa engalanada para a súa afamada Festa do Asalto.
Horario de aperturas para o público en xeralPor outra parte, o público xeral seguirá tendo á súa disposición durante todos os sábados e domingos do verán o servizo de visitas guiadas ó Castelo (12h e 19h) e ao Mosquetín (13h e 18h), así como outras actividades variadas e enfocadas en dar a coñecer o interesante pasado vimiancés, tal como a xornada deste sábado “Vimianzo 1467: historia, música e cervexas no Castelo” que antecede a Festa do Asalto e sitúa ó curioso no contexto histórico que inspira a festa, ademais de poder gozar dun concerto folk no patio de armas.
Novas relacionadas
Fonte
- Concello de Vimianzo.