Venres. 04.10.2024
El tiempo

O museo de artesanía en vivo do Castelo de Vimianzo

José María Suárez Santiago fai maquetas de barcos no Castelo de Vimianzo
José María Suárez Santiago fai maquetas de barcos no Castelo de Vimianzo
O museo de artesanía en vivo do Castelo de Vimianzo
Unha vez recuperado o poder do Castelo por parte do pobo irmandiño, serán as mans do artesáns as responsables de mantelo vivo. E un ano máis, o Castelo de Vimianzo albergará o Museo de artesanía en vivo. Xa van 18 anos dende que abrira as súas portas e aí continúan moitos dos que empezaron. E trátase dunha visita obrigatoria para os turistas que chegan á bisbarra, porque é o mellor xeito de coñecer a cultura artesá de primeira man e en directo. Ademais, unhas das partes máis interesantes da visita é a posibilidade de coñecer a vida dos artesáns. Sempre dispostos a falar un ratiño, os artesáns mostran a cara máis persoal destes oficios.

Artesáns

As artesanías presentes nesta edición da Mostra son: encaixe, artesanía do liño, cestería, sombrerería, olería de Buño, platería, maquetería de barcos, cantería, zoquería e artesanía en pel. Os artesáns que estarán presentes na mostra son os seguintes:
José Rodríguez Mouzo Canteiro Vimianzo
Asociación Amigos do Liño da provincia da Coruña Liño Carreira-Zas
Asociación de Palilleiras "Nosa Señora da Barca de Muxía" Encaixe Muxía
Asociación de Palilleiras "As Nemanquiñas" Encaixe Vimianzo
Asociación de Palilleiras de Camariñas (Rendas) Encaixe Camariñas
Fernando Cambón Cambre Olería Buño
José María Suárez Santiago Maquetería de barcos  
María da Cruz Isabel Torre Quintáns Sombrerería Mazaricos
Esther Ferreiro Romar Platería Santiago
Manuel Pérez Martínez Zoquería Vimianzo
ASPADEX Artesanía da pel Cee
Asociación Neira Marcos de Salto Cestería Buño

Esther Ferreiro Romar fai prateria no Museo de Artesania no Castelo de Vimianzpo
Esther Ferreiro, prateira de Santa CombaJesus cesteiro de Buno no Museo de Artesania en vivo do Castelo de Vimianzo
Jesús,  cesteiro de Buño

Horario da Mostra de Artesanía en Vivo

  • De outubro a maio (excepto Semana Santa): 10:30h a 14:00h e de 16:00h a 18:30h (só as fins de semana).
  • Semana Santa e meses de xullo, agosto e setembro: 10:30h a 14:00h e de 16:00h a 20:30h (agás os luns).

Horario do Castelo

  • Inverno (fins de semana): 10:30h a 14:00h e de 16:00h a 18:30h.
  • Verán: 10:30h a 14:00h e de 16:00h a 20:30h (Tódolos días agás os luns).

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Deputación da Coruña.

Comentarios