Xoves. 21.10.2021
El tiempo

150 participantes converterán esta fin de semana Vimianzo na capital da arqueoloxía

150 participantes converterán esta fin de semana Vimianzo na capital da arqueoloxía
Tito Concheiro e Manuel Antelo presentando as Xornadas Castrexas de Vimianzo

"Vimianzo será a capital da arqueoloxía galega". O arqueólogo Ángel Concheiro resumía con esta frase o éxito das Xornadas Castrexas a teor da resposta de público inscrito. I é que onte xa contaba con 130 inscritos, cifra que se agarda supere os 150 posto que a inscrición segue aberta ata o mesmo venres 28 de setembro e as xornadas son abertas.

O ambiente castrexo farase notar en Vimianzo a partir do venres, día en que se inauguran as xornadas, pois ademais dos 20 arqueólogos que participan nas xornadas, chegados de todo o norte da Península, como a Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Miño, Oleiros, Pontedeume, Lugo, Lalín, Pontevedra, Vigo, Cotobade, Salvaterra e incluso de Viana do Castelo ou Matosinhos. Un exemplo da grande difusión e interese que están a xerar estas xornadas ao longo do país. Entre eles hai arqueólogos, estudantes, persoal da administración pública, docentes e público en xeral. O Centro de Formación e Recursos, dependente da Consellería de Educación, colabora nas xornadas ofrecenso a posibilidade aos docentes de validar 15 horas de formación.

Pola recuperación do Castro de Barreiras

 Imaxe-aerea-do-Castro-de-Barreiras-en-Vimianzo

A presentación tivo lugar onte no Concello de Vimianzo, na que foron protagonistas o arqueólogo Tito Concheiro, máximo organizador do evento, e o alcalde. Precisamente Manuel Antelo quixo destacar que "para o goberno municipal é primordial a posta en valor do xacemento castrexo do Castro das Barreiras, que supón un gran incentivo para Vimianzo e para o turismo da Costa da Morte". De feito, nestes días estase a acometer a limpeza, logo de que chegase a autorización de patrimonio. Segundo o alcalde "o seguinte paso terao que dar a Xunta de Galicia autorizando a escavación”.
O arqueólogo Tito Concheiro subscribiu as palabras do alcalde, destacando que "o Castro das Barreiras é, xunto co Castro de Vigo, o único xacemento que se atopa nun casco urbano", o que facilita que o visitante poida achegarse facilmente. “O ideal sería que o castro estivese escavado e as tres casas que nel se atopasen puidesen estar á vista” comentou o arqueólogo, o responsable do Programa de Difusión Social do Castro das Barreiras.

Unha das catas realizadas no 2010 no Castro de Barreiras

"Que sabemos dos castros?"

Esta fin de semana teremos a oportunidade de aprender máis sobre a arqueoloxía, participando nestas Xornadas de investigación, didáctica e comunicación da Idade do Ferro, unhas xornadas novidosas e dinámicas que achegarán a Vimianzo as descubertas arqueolóxicas. O venres comezarán as xornadas cun itinerario activo pola historia de Vimianzo, trasladable á historia de Galicia, un percorrido que arrancará do Castelo, pasará polo Castro das Barreiras e rematará no Pazo de Trasariz desde onde nos achegaremos á cas da Cultura para dar paso á sesión inaugural e a conferencia de Tito Concheiro que abrirá as xornadas falando do Castro das Barreiras. O sábado haberá conferencias desde as 9 da mañá e o domingo e rematará que continuarán na mañá do domingo rematando cun foro aberto no que poderá participar todo o público.
Ademais, aquelas persoas que desexen pasar a tarde do domingo en Vimianzo poderán achegarse de novo á Casa da Cultura ao inicio da programación de teatro do auditorio coa Compañía Teatro do Morcego que poñerá en escena "A función do tequila", cun elenco formado por Manuel Manquiña, Luísa Merelas, Elina Luaces e Santiago Fernández.

Inscrición

A inscrición é de balde e a poden facer no Concello de Vimianzo ou no 981 716 001.
Ademais o CEFORE vén de aceptar a certificación de 15 horas de formación para os profesores da zona.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

comentarios