25 anos de artesanía viva no Castelo de Vimianzo
Ao longo do ano, son as palilleiras Nemanquiñas de Vimianzo e as fiandeiras do liño da AC. Santiaguiño de Carreira as que manteñen vivo o Castelo de Vimianzo. Pero as fins de semana de todo o ano, a Semana Santa e o verán, o Museo de Artesanía en vivo da fortaleza soneirá cobra aínda máis vida.
Esas datas especiais Chema Suárez anda armando barcos e nasas coa madeira; Manuel anda facendo cestos; as finadeiras de “Arte en palla” de Baíñas andan trenzando os famosos sombreiros; os oleiros de Buño andan modelando barro; e as da Asociación de Amigos do Liño andan ademais facendo xabón artesán.
Un lugar inmellorable para coñecer oficios centenarios que aíndan seguen vivos e que se teñen transformado en “industria” económica. Ademais, as conversas cos propios protagonistas son tremendamente interesantes, e de paso que mercas un cesto, Manuel estará encantado en contarche calquera dúbida que teñas sobre a súa profesión.
Unha Mostra para darlle valor
Para darlle máis protagonismo aos artesáns, o Concello de Vimianzo prepara o 25 aniversario desta Mostra de Artesanía en Vivo, un compendio de obradoiros, actividades, exposicións… para ver e vivir a artesanía. Poderás ver a exposición Sinerxías, da artesá xalleira do vidro Esther Ferreiro, así como disfrutar de moldear cos oleiros, facer maquetas co ebanista, ou ata participar no desfile de moda do liño.
Novas relacionadas
- A Mostra de Olería arrinca loitando contra o desinterese da sociedade e a falta de relevo xeracional.
- A coristanquesa Isabel Andrade recupera a súa marca persoal non mundo da xoiaría na Mostrart.
- A artesanía costeira que triunfou no Festiletras.
- 2011: O museo de artesanía en vivo do Castelo de Vimianzo.