A Audiencia Provincial desestima o recurso do ex alcalde de Vimianzo e o sentenza a 8 anos de inhabilitación

06:49 13/11/17

Hai un ano que o ex alcalde de Vimianzo, Alejandro Rodríguez Lema,recorría unha sentenza de 8 anos de inhabilitación como autor dun delito de fraude e prevaricación, aprobada pola Xulgado nº5 do Penal da Coruña.
Hoxe sabemos que a Audiencia Provincial vén de desestimar o seu recurso de apelación, polo que a condena pasa a ser firme, e non cabe xa recurso ordinario algún. O ex alcalde foi imputado en 2012 tras unha denuncia do actual rexedor, Manuel Antelo, por “fracciounar artificiosamente” unha obra por importe de 135.000€ en varias pequenas para non telas que levar a concurso e poder outorgarllas a Excavaciones Cernadas SL, cuxo empresario Jesús Cernadas Valiña saía absolto.
A historia xudicial
- Decembro 2016: 8 anos de inhabilitación para o ex alcalde de Vimianzo por fraude e prevaricación.
- 2015: Desestimados os recursos do funcionario e o empresario irmán do ex alcalde polo sobrecuste da Casa da Cultura de Vimianzo.
- 2014: Condenado o ex alcalde de Vimianzo por un delito de coaccións leves contra a súa ex parella.
- 2013: Pagando a Csa da Cultura.
- Xaneiro 2012: Imputado o ex alcalde de Vimianzo por Prevaricación e Tráfico de Influencias.
- Novembro 2011: O alto custe da Casa da Cultura de Vimianzo.
- Agosto 2011: A Casa da Cultura para pagar a Casa da Cultura.
- Agosto 2011: Alejandro Rodríguez elude responsabilidades sobre a Casa da Cultura.
- Novembro 2010: O Concello de Vimianzo terá que pagar 740.000€ ao irmán do Alcalde pola Casa da Cultura.
- Abril 2009: A empresa do irmán do alcalde de Vimianzo cobrou ao concello ao triple do prezo de mercado.
- Agosto 2008: A Casa da Cultura vai ao xulgado.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).