Domingo. 13.10.2024
El tiempo

A Cherinkas busca relevo

A Cherinkas busca relevo

Xigantesco o traballo desta xente da Asociación Xuvenil Cherinkas. Pero o cansanzo está a facer mella entre a directiva, que pide un relevo para asumir todas as actividades que está levando a cabano nos últimos anos, tales como o Asalto ao Castelo ou o Torneo de Petanca, que precisamemnte está xa en marcha.

Por iso, convocan unha Asemblea Xeral para este sábado ás 12:00h. na Casa da Cultura de Vimianzo na que proporán unha reforma de estatutos e tamén se farán eleccións a Xunta Directiva.

E de paso, para celebralo, o mítico torneo de Petancca.

Torneo de Petanca

O Campionato de Petanca da Cherinkas segue a ser un mito na Costa

A.X. Cherinkas organiza para despois da Asenblea, a 9ª edición do Torneo de Petanca. Este ano o sitio escollido será o entorno do recén rehabilitado Muiño da Agra, no centro de Vimianzo. E a cita será o sábado 27 de setembro ás 16:00h.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse chamando ao teléfono 686 605 380 ou ben presentarse no campo da competición entre ás 15:00 e 15:45 horas.

A ver se vemos aos Igor Damianov e John Michael de novo en acción!

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios