A Cofradía da Faguía recibirá unha homenaxe no Xantar de Ourense


A Cofradía da Faguía de San Cristovo de Carnés, a culpable da Festa gastronómica máis antiga de España, e unha das 9 Festas Turísticas da bisbarra, será unha das dúas entidades invitadas especiais este ano no IX Encontro Internacional de Cofradias Gastronómicas e Enófilas dentro da feira Xantar 2014 en Ourense, o 15 Salón Internacional de Gastronomía e Turismo que se celebra do 5 ao 9 de febreiro.
O xoves 6 de febreiro a Cofradía da Faguía e a cofradía gastronómica da Festa do Desarme de Oviedo serán as dúas novas entidades que se suman ao colectivo internacional de cofradías e xa que logo contarán cun acto especial onde ambas recibirán unha placa de honra e presentaranse oficialmente.
A cofradía de Carnés estará representada polo gran mestre Ramón Santos e 15 cofrades e membros do cabildo.
A faguía de Carnés é a festa gastronómica máis antiga de España, xa que se vive sen interrupción desde 1608, como nos conta no seu estudio o investigador Rafael Lema.
O ano pasado un grupo de veciños recuperou a antiga cofradía desaparecida en 1952 e da que agora é gran comendador o arzobispo de Santiago.
O acto de homenaxe está organizado por Alejandro Rubín e Carlos Gardado, da agrupación mundial de gastronomía Lle Chainne deas Rotisseurs. Ás 11,30 as cofradías serán invitadas a unha recepción no salón nobre do Concello de Ourense, polo alcalde da cidade, posteriormente celebrarán un desfile polo casco histórico, onde a cofradía de Carnés lucirá o gran estandarte de san Cristóbal costeado en 1940 por veciños do lugar de Campolongo. Ás 13 horas será a entrega de placas do IX Encontro Internacional de Cofradías Xantar, e un acto de investidura. Ás 14.00 as cofradías de novo coas súas capas e estandartes desfilarán polo recinto de Xantar. Ás 17.00 horas terá lugar a entrega de distincións especiais e a presentación solemne da Cofradía dá Faguía no encontro.
Novas relacionadas
- As 9 Festas Turísticas da Costa da Morte.
- A Cofradía da Faguía celebrou o primeiro capítulo desta centenaria celebración gastronómica.
- En marcha a Fagía de Carnés, a festa gastronómica con máis de 400 anos.
- Fagía 2013: 2000 racións de callos para a festa gastronómica máis antiga do país.
- Fagía 2012: A Fagía: 400 anos de historia concentrados en 3000 quilos de callos.
- Fagía 2009: A Fagía acabou coas existencias de callos.
- Fagía 2008: Carnés celebrou a Fagía a base de callos.
- A Fagía de Carnés, 400 anos dunha festa singular.
- A Fagía de Carnés é declarada Festa de Interese Turístico Nacional .
Un estudio sobre a historia da Fagía de Carnés
- A Cerca, o rito de virar a tella e a Pedra do Noco (I).
- A Cerca, o rito de virar a tella e a Pedra do Noco (II).
- A Cerca, o rito de virar a tella e a Pedra do Noco (III).
- A Cerca, o rito de virar a tella e a Pedra do Noco (IV e última).
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Información e fotos de Rafael Lema.