Xoves. 25.04.2024
El tiempo

2000 racións de callos para a festa gastronómica máis antiga do país

2000 racións de callos para a festa gastronómica máis antiga do país
50 potas de callos na Faguia de Carnes-Foto-Roberto Rua

As festas patronais de Carnés no municipio de Vimianzo comezaron onte coa festa da Faguía, a celebración gastronómica máis antiga do país, fundada en 1608 e declarada festa de interese turístico de Galicia. No recinto centenario da Cerca repartíronse pola tarde callos á galega, viño e refrescos gratis para máis de 2.000 comensais, acompañados de charangas e grupos de gaitas. Así nolo conta Rafael Lema, que tamén nos deixou un estudio completíismo da súa historia.
Iso si, a calor atrasou a chegada masiva de visitantes ao campo da Cerca ata o atardecer, pero tras degustar os míticos callos, o campo da festa encheuse de baile coas orquestas Panorama e Gran Combo Dominicano.

Desde as sete da tarde ata medianoche repartíronse en pratos de cerámica de Buño centos de racións de callos á galega. Para iso o cocinero xefe Fructuoso Mouzo usando 50 potas elaborou callos con 300 quilos de garavanzos, 800 de carne, 280 de pan, 500 litros de viño e refrescos. Os grupos Trubisquiña e charanga Tamega amenizaron a festa.

Racion de callos na Faguia de Carnes-Foto-Tania Carreira Rial Procesion na Faguia de Carnes-Foto-Roberto Rua

Ás sete o párroco Pedro Zas Esmorís ofició a misa solemne e posteriormente a procesión que levou ao santo á Cerca. Houbo unha ampla representación pública, de alcaldes, deputados, concelleiros, así como representantes de dez cofradías gastronómicas galegas, asturianas e do bailío delegado de Chaine deas Rotisseurs a asociación mundial de gastronomía, de Francia, a cofradía gastronómica mais antiga do mundo. A Confraría de Amigos da Faguía entregou as primeiras seis tellas de honra a autoridades e amigos da festa, tres con banda de ouro e tres con banda de prata. Entre os premiados, Alfonso Rueda, Mariel Padín e Julián Barrio.

A táboa de comendadores da Confraría da Faguía de Carnés presidida polo mordomo Andrés Rodriguez Martínez acordaron conceder tres tellas con banda de prata, o tegulla argentea a "Frutuoso Mouzo, gran chef da festa dos callos durante moitos anos, pola súa entrega, sacrificio desinteresado e amor a faguía". Tamén lla concederon a "José de León, o panadeiro de Vilar, pola súa contribución a faguía fornecendo de pan do país a festa dos callos durante décadas". E a "Francisco Santos Lema, membro da primeira comisión que fai 33 anos iniciou o reparto de callos como prato principal da centenaria faguía". Todos degustaron os callos no próximo recinto da festa.

Confraria da Faguia de Carnes-Foto- Rafael Lema Gran ambiente no Campo da Cerca para a Faguia de Carnes-Foto-Tania Carreira Rial

E seguen a festas de San Cristovo

E non perdan ollo que estes mércores, xoves e venres continúa a troula en Carnés coas Festas de San Cristovo.

Novas relacionadas

Un estudio sobre a historia da Fagía de Carnés

Fonte

Comentarios