Domingo. 05.05.2024
El tiempo

A Costa da Morte baila o Harlem Shake

A Costa da Morte baila o Harlem Shake
Harlem Shake na Costa da Morte. De arriba a abaixo en Íntegro, no IES de Ponteceso, en Vimianzo, co Fisober e no Bar Molinera

Xa case nin saen, como Hitchcock. Pero estas estrellas do audiovisual costeiro están que se saen. Tras superar as 125.000 visitas no Youtube co Ghañan Style e as 50.000 co Pitiño Pío, Juan Gimel e Damián Espasandín seguen armando boas liortas pola bisbarra. E será Juan Rama o encargado da montaxe.

Os protagonistas da xa rexistrada marca do Ghañan Style remataron as sesións de rodaxe do novo vídeo, o Harlem Shake. Un vídeo deses que cumpren todas as características para convertirse en éxito: tonto, sen sentido algún, pero movido e simpático.
Aí está un tipo disfrazado bailando no medio dun grupo tranquilo coma se nada pasase, ao son dun tema constante que dita "Con los terroristas". Pequeno cambio de ritmo (non dá para máis) e de contado todos bailas coma se tivesen un ataque de epilepsia. Isto é todo, poden buscar no Youtube e ver os millóns de vídeos que arrasan na rede.

Os 3 levan un par de semanas de ruta, ca cámara ao lombo, pola bisbarra. Preguntaron primeiro pola rede se algún grupo se apuntaba e tiveron que ir ata o Centro Íntegro, ata bares como o Rali de Cerqueda, o Abeiro de Ponteceso ou o Molinera de Camelle (por certo, teñen que repetir este sábado en Camelle ás 19:00h como última oportunidade para os que se queiran apuntar), bailando canda as mozas do Fisober, canda os Veteranos do Soneira, co mecánicos do Talleres Lunosa de Malpica, cos alumnos dos institutos de Cabana e Ponteceso (coa autorización dos pais, iso si) e máis cun grupo de veciños vimianceses que se animaron á festa.

Estamos desexosos de ver o resultado, que esperamos saia na vindeira semana.

Pero non paran, e esta fin de semana grabarán unha sorpresa relativa ao #fuboldacosta... coa colaboración de QPC ademais... Daremos cumplida conta!!

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios