sábado. 17.05.2025
El tiempo

A Cruz Vermella organiza en Vimianzo un taller de elaboración de xabóns

A Cruz Vermella organiza en Vimianzo un taller de elaboración de xabóns

A Asemblea Local de Cruz Vermella en Vimianzo impartirá, na súa sede, un taller de elaboración de xabóns o próximo sábado 13 de maio, en horario de 10:00 a 14:00 horas. En concreto, nesta actividade poderanse elaborar de maneira artesanal xabóns de glicerina, que hidratan e suavizan a pel, de diferentes cores e aromas.

O taller é gratuíto e está aberto a toda a poboación que desexe acudir, sendo a data límite para inscribirse o venres 12 de maio. Para máis información ou inscricións, os interesados poden contactar coa Asemblea de Cruz Vermella en Vimianzo de maneira presencial, no teléfono 981 71 71 36 ou no correo gavimianzo@cruzroja.es.

Cea Solidaria

Cea Solidaria da Cruz Vermella Ademais desta actividade, o próximo 20 de maio a Asemblea de Cruz Vermella en Vimianzo celebrará a presentación da memoria de actividades do ano 2016, nun exercicio de transparencia con socios, voluntarios e cidadáns. O acto terá lugar no Restaurante Pastoriza de Vimianzo ás 21:00 horas e a entrada é gratuita. A continuación, celebrarase unha cea baile solidaria no mesmo establecemento, amenizada polo dúo D´ Festa. O prezo desta actividade é de 25 euros (que inclúen a cea e un boleto do Sorteo do Ouro) e as persoas interesadas en acudir deben poñerse en contacto coa Asemblea para formalizar a inscrición, ou ben adquirir a súa entrada no restaurante Pastoriza, no restaurante Vía Rápida e en Loterías Irene. O prazo finaliza o día 15 de maio.

Comentarios