O Orballo Cultural arrinca este domingo en Vimianzo cunha sesión vermú de trap galego
Arrinca este domingo o programa Orballo Cultural, unha iniciativa que nace na Costa da Morte e que este verán vai encher de boa música este país. E como non podía ser doutro xeito, a familia muxiá, de Horta Creativa (organizadora xunto con Amorinfes), quixeron empezar o programa na nosa comarca.
Este domingo 24 de maio, na previa da final da Copa da Costa, que lembren, imos emitir pola nosa canle de Youtube, imos poder gozar 3 concertazos de 3 bandas que están arrasando na escena galega contemporánea.
Tapa de Orella (o dúo formado por Willow GHZ y a Pappaquino), o loureán 9Louro (que vén de encher a Quintana e o Campo da Leña nun só fin de semana e que prepara o seu asalto ao San Xoán carballés, porán as rimas, para que o dj de Porto do Son, Kike Varela, peche coas súas mesturas.


