Luns. 07.10.2024
El tiempo

A emigración e a inmigración exponse a debate en Vimianzo

A emigración e a inmigración exponse a debate en Vimianzo
A casa da Cultura de Vimianzo acolle estes días un encontro internacional sobre a mobilidade laboral A casa da Cultura de Vimianzo acolle estes días un encontro internacional sobre a mobilidade laboral A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, presentará hoxe na casa da Cultura de Vimianzo a "Axenda 20 para o Emprego" durante a xornada de portas abertas "Afrontar a inmigración, a emigración e a exclusión social asociada nas comunidades rurais europeas". O encontro terá lugar no marco do proxecto internacional “ERN4mob- European Rural Europe for Job Mobility”, financiado polo programa Europa cos cidadáns- Redes de Cidades 2015 e que se desenvolve estes días en Vimianzo. Durante a xornada de hoxe, intervirán varios expertos en mobilidade laboral nas comunidades rurais. Deste xeito, durante a xornada de hoxe - na que poden participar todos aqueles que o desexen - haberá relatorios sobre os Centros Europe Direct, sobre o sistema público de emprego en Galicia e sobre a Rede Eures para traballar en Europa. Ademais, relataranse experiencias institucionais a través do proxecto Redexiana para a promoción da empregabilidade e do proxecto Symbios para o desenvolvemento territorial inclusivo. Experiencias persoais Ao longo da tarde haberá varios "paneis de Expericiencias persoais" onde os conferencias falarán da súas vivencias como emigrantes ou como inmigrantes. Aquí terán o turno veciños e veciñas de Vimianzo e da súa contorna que desenvolveron a súa vida laboral extranxeiro. Tal é o caso de Paula García Costa, que traballou dous anos en Londres; de Dulce María Ruíz Ordóñez, que viviu en Venezuela;  e de Ricardo Pérez Villar que emigrou a Suiza. Tamén expoñerán a súa experiencia un matrimonio alemán que decidiu, fai anos, establecer en Pasarela o seu lugar de residencia. A xornada continuará cunha viaxe virtual a cada un dos territorios que forman parte do proxecto European Rural Europe for Job Mobility. Este evento está dirixido ao público en xeral, e especialmente a cidadáns involucrados nalgún proceso de mobilidade na Unión Europea, sexa por motivos laborais, por xubilación, emigrantes na UE ou emigrantes retornados. Participantes internacionais Os participantes procedentes de distintos países coneceron alguns dos lugares máis turísticos de Vimianzo Os participantes procedentes de distintos países coneceron alguns dos lugares máis turísticos de Vimianzo Neste encontro que se está a desenvolver en Vimianzo dende onte participan máis de 20 persoas procedentes de distintos países socios do proxecto. Entre eles están membros do concello de Kostrzyn nad Odrą de Polonia; representantes da Comunidade Intermunicipal do Alto Alentejo, de Portugal; unha organización supramunicipal de Irlanda do Norte, membros do concello italiano de Petrosino e representantes do municipio de Zemplínske Hámre de Eslovaquia. Membros do concello de Vimianzo aproveitaron a xornada de onte para darlle a coñecer aos participantes tanto a gastronomía do municipio como lugares tan emblemáticos como o Castelo ou a igrexa de Cereixo. Ao parecer, os asistentes "quedaron sorprendidos" cos espazos que esconde o municipio vimiancés.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios