venres. 09.05.2025
El tiempo

A FECOM presenta o novo portal de anuncios Compranacosta

A FECOM presenta o novo portal de anuncios Compranacosta
FECOM presentando o novo proxecto Compranacosta

Un coche de segunda man, unha oferta de emprego, un cupón cun desconto irrexeitable… Cousas como estas, e moito máis, xa se poden atopar no novo portal de anuncios por palabras da Costa da Morte Compranacosta.com, o punto de encontro para mercar ou vender algo na nosa bisbarra. Unha ferramenta para tecer redes de consumo comarcal, para que os veciños de Cee coñezan os produtos que poden atopar en Zas, para que as xentes de Ponteceso saiban que comercios hai en Fisterra.

Un proxecto que nace da iniciativa da FECOM, Federación de Asociacións empresariais de toda a Costa da Morte, de sumerxirse na rede, e fomentar así o comercio de proximidade dentro da nosa bisbarra e utilizando as novas tecnoloxías.

Esta tarde de martes 7 de outubro tiña lugar a presentación oficial en Vimianzo do portal, coa participación do presidente da FECOM, José Gabín, e varios dos seus directivos e asociados.

Deixou claro Gabín que este proxecto depende da implicación do sector económico da bisbarra. “Este proxecto necesita da implicación do sector empresarial e da veciñanza, aportando os contidos e o tráfico necesita para estar viva".

Novo acto, en Camariñas

Despois da presentación do proxecto Compra na Costa en Baio, a FECOM ten previstos novos eventos nas vindeiras semanas. Este xoves 9 de outubro ás 19:00 horas, terá lugar un novo acto no Centro de Iniciativas de Camariñas.
Neste acto realizarase unha presentación do proxecto Compra na Costa, promovido pola FECOM. Ademais, realizarase unha auditoría da presenza en internet das empresas que asistan ao acto, dando resposta ás preguntas que máis lle preocupan aos comerciantes: como vender por internet? estouno facendo ben?

Compranacosta.com, gañamos todos!

Máis información

Compranacosta

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios