Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Formación Profesional unha oportunidade para o emprego

A Formación Profesional unha oportunidade para o emprego

Numeroso público asistiu hoxe ás xornadas de formación profesional organizadas polo IES Terra de Soneira e o concello de Vimianzo. A encargada de abrir as xornadas, ás 10 da mañá, foi a directora do instituto vimiancés Teresa Araújo, quen salientou a altísima calidade da Formación Profesional do IES de Vimianzo, que leva xa funcionando desde hai 30 anos.

Actualmente só se conta con un ciclo medio de xestión administrativa e un ciclo superior de adminsitración e finanzas, xa que o hai dous anos se perdeu o ciclo medio de electrónica e electricidade por falta de alumnado matriculado.

Logo da presentación da directora tivo lugar un panel de experiencias no que participaron tres persoas que realizaron estudos de formación profesional e conseguiron acceder rapidamente ao mercado laboral:
Lorena Cernadas, estudou o ciclo de administración no IES Terra de Soneira e seguiu complementando a súa formación académica a partir desde ciclo e hoxe traballa no concello de Vimianzo como responsable do telecentro e dos cursos da Aula CeMIT;
Sheila, unha alumna actual que este ano rematou o ciclo pero que xa accedeu mentres estudaba ao mercado laboral debido ás facilidades que desde o centro se lle dá aos alumnos para que poidan compatibilizar estudos e traballo;
e Fermín Simal, xerente de Barizo Asesores, quen lembrou o importante que é a formación académica para ter máis oportunidades de acceder ao mercado laboral, nunha sociedade tan competitiva como a que vivimos.

Logo do panel de experiencias positivas que mostraron que a formación profesional pode ser unha boa oportunidade para atopar un emprego, Ángeles Iglesias, profesora do departamento de Administración do IES Terra de Soneira, explicou detalladamente os dous ciclos formativos cos que conta actualmente o instituto vimiancés, o funcionamento destas ensinazas, as saídas laborais e os requisitos que se esixen para acceder.

Prazos abertos

Pechou a xornada o alcalde de Vimianzo, quen quixo facer fincapé na necesidade urxente de acadar o alumnado suficiente para manter estes dous ciclos formativos abertos. O luns remata o prazo de matrícula e é necesario que as prazas que esixe educación se cubran, pois de non cubrirense o instituto podería perder estas ensinanzas, aínda que en setembro, logo dos exames de recuperación se abre un novo prazo de matrícula, se non se chega ao mínimo esixido en xuño a consellería pecharía os ciclos.

Manuel Antelo emprazou ao equipo directivo do IES Terra de Soneira, unha vez que consigamos manter os ciclos, a reunirse novamente en setembro e retomar a solicitude de novos ciclos formativos para Vimianzo, como se acordou por unanimidade polo pleno. Rematou a xornada animando aos presentes a que se animen a matricularse nestas ensinanzas, que poden ser unha gran axuda para a busca dunha saída laboral.

Novas relacionadas

Fonte

  • Xunta de Galicia.

Comentarios