domingo. 18.05.2025
El tiempo

A Gastronomía de Outono como reclamo turístico

A Gastronomía de Outono como reclamo turístico
Presentacion dos Menus do Outono Gastronomico de Vimianzo Presentación dos Menús do Outono Gastronómico de Vimianzo

Xa coñecemos os Menús do Outono Gastronómico de Vimianzo. E hoxe era cita para que os hostaleiros puxeran a cara, e animaran a toda a Costa da Morte e parte do estranxeiro a probar estes ricos enseres.

Representantes do goberno local e das empresas participantes, presentaron algunhas das especialidades que estarán presentes nas xornadas, xustificando “unha proposta que presume de gastronomía local e promove o descubrimento dos sabores máis innovadores e aqueles de maior prestixio elaborados dentro do municipio como doces reposteiros, cárnicos de alta calidade ou auga salgada embotellada para uso culinario”.

Este ano son 54 os restaurantes (Casa Paco, Casa Sabina, Restaurante Pastoriza e Restaurante Vázquez) que defenderán a boa reputación gastronómica de Vimianzo, nunhas xornadas que se estenderán ata o primeiro fin de semana de decembro.
Ademais, na campaña “Copas tranquilas” participan os establecementos A Lareira, Celme, A Rúa, Dialma, Hilton e Pastoriza.

Unha proposta que consolida á capital de Soneira como cita obrigada para os amantes da boa mesa e aposta por un turismo gastronómico confiando na calidade da súa cociña e produto local.

Máis información

Máis novas

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Vimianzo

Comentarios