Xoves. 02.05.2024
El tiempo

A Operación Forest suma 8 detidos máis, entre eles 3 membros da Xunta

A Operación Forest suma 8 detidos máis, entre eles 3 membros da Xunta
Furgon da POlicia Nacional no Xulgado de Corcubion no marco da Operacion Forest

Tralas primeiras detencións na chamada Operación Forest do fraude forestal, o Xulgado de Corcubión imputaba a outras 8 persoas, entre eles outros 4 empleados de banca, e 3 membros da Consellería de Medio Rural, dependente da Xunta de Galicia.

E iso que Feijóo dicía este xoves que "perseguirá" a calquera funcionario público que "utilice a súa plataforma" de traballador desta institución para "ter algunha relación con actividades ilícitas". "Estamos a disposición da Xustiza e vamos seguir colaborando como non podía ser doutro xeito", sinalou.

Faise así caso ás peticións da Fruga, o sindicato agrario que leva máis dun ano levantando a trama, que agradecía a intervención policial, pero pide máis depuración, sobre todo na administración, pois considera que "faltan pés ao banco".
Cómpre explicar, lembra a FRUGA, moitas cousas dende a Administración, como "por que os datos sobre as subvencións concedidas non chegaba a Facenda, ou de cómo se certificaban actuacións que non chegaban a realizarse".

As detencións, por suposto delito de falsedade documental, poñen de manifesto a connivencia dalgunhas instancias da Xunta na trama.

Age denuncia a tardanza da Xunta

Mentres, Alternativa Galega de Esquerda lamenta a tardanza na actuación da Xunta de Galicia. Considera que actuou “tarde, mal e arrastras” e onde só a presión social e xudicial dos afectados e afectadas conseguiu resultados.

Denuncian que "era público e notorio que o Distrito V forestal, tiña membros que non desempeñaban correctamente as súas funcións, permitindo por exemplo reforestación de terras agrarias sen actuar, e sen embargo a Consellería de Medio Rural non fixo nada para corrixir esta situación".

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

Comentarios