A primavera enche de espectáculos a casa da Cultura de Vimianzo
08:10 29/03/17
Comeza unha nova tempada de espectáculos no auditorio da casa da Cultura de Vimianzo. O concello, a través do seu departamento de Cultura dirixido por Marta Rey, acaba de dar a coñecer unha completa programación para esta primavera dirixida ao público infantil. Baixo o título "Mil primaveras máis... na Casa da Cultura" englóbase un programa que consta de dúas partes; unha, para gozar en familia e aoutra para compartir cos centros de ensino do muncipio.
Os espectáculos en familia comezan sempre ás 18:30 horas e a entrada é de balde. A programación arranca este domingo, día 2, con "Os soños na gaiola" intepretada por títeres Alakrán. Continúa o domingo seguinte, día 9, co concerto de Pitusa Semifusa. Despois das vacacións da Semana Semana, a programación regresa o día 23 con "Caramuxo", de teatro Feo. Abril despídese con "Dinamo Teatro" de Pindirico Show e a programación para gozar en familia remata do 7 de maio co espectáculo "Fabaloba" de A Casa Encantada de Alí dirixido a nenos e nenas de 0 a 6 anos.
O programa "Mil primaveras máis... na Casa da Cultura" tamén ten un apartado especial para os centros de ensino. Así, os alumnos e alumnas do CEIP de Castromil, da EI de Carnés e da EI de Carantoña desfrutarán o vindeiro 5 de abril de "A Mestra Tomasa lendo e viaxando polo mundo", de Duende Sico. Dous días máis tarde, o 7, será o turno do alumnado do educación primaria do CEIP San Vicenzo que desfrutarán de do espectáculo "Cantacontos de aquí para alá" de Musicarte. Os máis pequenos do CEIP San Vicenzo e da EIM Os Vimianciños teñen unha cita o 18 de abril con Trinke Trinke e coa representación de "Os ratiños da caixa". O 21 de abril, os alumnos e alumnas do CEIP de Baíñas gozarán con "As andanzas de Paio", de Roni. E a programación para os centros de ensino despídese o 23 de maio con "A galiña azul" de Carlos Casares interpretada pro Ubú Teatro e da que disfrutarán os estudantes de educación primaria do CEIP San Vicenzo e do CEIP de Baíñas.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Vimianzo