Mércores. 09.10.2024
El tiempo

A veciñanza de Milleira e Gorreis, aínda herdeira da corrupción franquista

A veciñanza de Milleira e Gorreis, aínda herdeira da corrupción franquista
Vecinos de Carantona afectados polos montes de Milleira e Gorreis Veciños de Carantoña afectados polos montes de Milleira e Gorreis

Segue aberto o conflito nos montes Milleira e Gorreis de Vimianzo. A XUnta segue sen dar solución ás esixencias dos veciños, que piden unha xuntanza para poceder á disolución dos consorcios dos montes Milleira e Gorreis, na parroquia de Carantoña.

Xa vai un ano dende que os veiños pedían a primeira audiencia ca Consellaría de Medio Rural, pero por agora non hai solución.

Explican dende o Concello que no caso do Monte Milleira non teñen forma de xustificar os supostos gastos que lle imputan negativamente ao Concello de Vimianzo, algo que dende o goberno municipal sinalan que “pelexaremos até o final para demostrar que o saldo é cero”, pois “a Xunta incumpre flagrantemente a Lei de Montes negándose a cancelar os consorcios do Monte Milleira e Gorreis”.

”O ridículo e infantil argumento político de que o Concello ao non considerármonos lexítimos propietarios eles deixaron de considerarnos titulartes de dereito do monte”, denuncia o Concello, que lembra que a situación é unha herencia dos tempos franquistas.

”É unha mentira que as circunstanxcias que levaron a incorporar estes montes ao catálogo de utilidade pública se manteñen. Esas circunsatacias foron a ditadura de Franco, e hai 40 anos que rematou, cando lles roubaron os montes aos veciños para cometeren actos de corrupción coa excusa das supostas repoboacións forestais”./p>

”A democracia non se consolidará mentres os montes dos veciños sigan roubados pola corrupción franquista. A Consellaría non debería de ser complice desta situación e debe proceder a atender as demandas unanimes do Concello de Vimianzo para a devolución dos montes aos seus lexítimos propietarios”, pide o alcalde.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios