Abertas as convocatorias para xestionar os Batáns e as Torres do Allo
O pasamento da Neria leva consigo a apertura de varios contratos de xestión turistico e cultural que a entidade viña desenvolvendo dende hai moitos anos. Dous dos edificios máis emblemáticos da Costa da Morte, como son os Batáns do Mosquetín e as Torres do Allo, son perfectos exemplos do funcionamento da entidade supramunicipal finada.
Os Batáns do Mosquetín seguen esperando por un megaproxecto do Centro de Interpretación do mel que nunca verá a luz, pero no que xa se malgastaron ducias de miles de euros. Pola súa parte, hai que ver o estado de conservación do Museo Etnográfico das Torres do Allo, un espazo cutremente musealizado, pechado en horario de vacacións, e que esmorece debaixo de “modernos” códigos QR.
En todo caso, novas mans xa nos últimos tempos están collendo o relevo na xestión. O ano pasado tardaba en saír o contrato. Este ano, a Deputación, propietaria destes Bens de Interese Cultural, vai en tempos e publicaba onte as bases para optar a este contrato, cun prazo de presentación de ofertas de 15 días a partir de hoxe, 3 de marzo.
A novidade deste ano é que o contrato queda reservado a centros especiais de emprego, o que demostra o interese da Deputación da Coruña por fomentar a integración de persoas ou colectivos con dificultades para o acceso ao mercado laboral.
Todas as empresas ou entidades interesadas en optar a este servizo, cun presuposto de 68.544 euros, dispoñen de 15 días naturais a partir de mañá para presentar as súas ofertas.
Aperturas
O adxudicatario deberá comprometerse a abrir os edificios ao público a partir do 27 de marzo. Desde esa data e ata o 6 de abril (ambos inclusive) a atención a visitantes realizarase desde as 11 da mañá hasta as seis da tarde todos os días da semana, incluíndo domingos e festivos, xa que coincide coa Semana Santa.
Entre o 10 de abril e o 21 de xuño o servizo realizarse os venres, sábados, domingos e festivos entre as 11 e as 18 horas, mentres que na temporada de verán volverá abrirse todos os días da semana. Finalmente, entre o 18 de setembro e o 27 de decembro retomarase a apertura durante os venres, sábados, domingos e festivos. No caso concreto dos Batáns de Mosquetín, o edificio pechará os domingos pola tarde tanto en Semana Santa como entre o 18 de setembro e finais de ano.
Un día da semana deberá quedar reservado para visitas escolares, data que poderá modificar a Deputación en función das súas necesidades, e que non suporá o peche para o público.
Máis información
- Recunchos da Costa: Os Batáns do Mosquetín.
- Recunchos da Costa: As Torres do Allo.
Novas relacionadas
- Máis de 30.000 visitas aos 5 edificios históricos da Costa da Morte.
- Piden unha auditoría das contas da Neria.
- Ata a Deputación denuncia as débedas da Asociación Neria.
- 04-12-14: Radiografía da Neria por unha ex traballadora.
- 30-11-14: A Neria, en quebra.
- 03-09-14: Denuncian adxudicacións ilegais á Neria.
- As frechas azuis van ao xulgado.
- Oficina de Turismo: Pechada por vacacións.
- O Museo sen luz.
- Unha viaxe política para vender o valor turístico do Camiño a Fisterra e Muxía.
- A Neria pon no tellado do Concello de Cee e da Deputación a apertura do C3M.
- 12-09-12: O C3M estará en marcha en marzo de 2013.
- Agardando polos códigos Qr.
Fonte
- Deputación.