Abertas as inscricións para participan na andaina "Noite de petróglifos" por Vimianzo
Xa está aberto o prazo de inscrición para participar na andaina "Noite de petróglifos" organizada polo Concello de Vimianzo e que terá lugar o próximo venres. As persoas interesadas poderán anotarse ese mesmo día ata as 13:00 horas. Poderá facerse efectivo na seguinte ligazón: https://bit.ly/3eW0vew.
Esta actividade será unha andaina circular de 4,4 quilómetros con saída e chegada na praza do Concello, e contará con guías de excepción, como David Roget e varios membros do colectivo A Rula. A luz das lanternas permitirá ver os gravados con todo luxo de detalles.
Visitaranse o Petróglifo de Somontemio, a Cruz do Loureiro e os Petróglifos do Prado da Cruz. A duración estimada do percorrido é de 3 horas. Será preciso levar lanterna e calzado axeitado para andainas por terreo de montañoso.
