Aberto o prazo para anotarse nas actividades culturais e deportivas de Vimianzo
07:50 03/10/17
O prazo para anotarse nas actividades culturais e deportivas do programa Actívate do Concello de Vimianzo estará aberto do luns 2 até o venres 13 de outubro.
Esta tempada ofertánse 16 actividades culturais e 17 deportivas. No refrente ás actividades culturais ofértase por vez primeira Música e movemento, Canto e Batería. No refrente ás deportivas incorpóranse Pádel, minipádel e pádel infantil.
O número de grupos dependerá das persoas inscritas, haberá grupo sempre que haxa un mínimo de 12 persoas inscritas por actividade.
As persoas empadroadas no Concello de Vimianzo e as familias numerosas teñen descontos nos prezos de matrícula.
Fonte
- Concello de Vimianzo.