Aberto o prazo para retirar as entradas da Cea Medieval de Vimianzo
17:15 10/05/17
Tras a cea, o grupo vigués Pelepeau ofrecerá un concerto
Xa está aberto o prazo para retirar as entradas para a cea medieval que se celebrará o vindeiro 30 de xuño, véspera do día grande do XXII Asalto ao Castelo de Vimianzo. A cea no foso da fortaleza reúne a centos de persoas ao redor dos pratos típicos da época irmandiña sendo un dos momentos que levanta máis expectación entre os asistentes.
Alén da cea e do espectáculo durante a mesma, cando remate - que será sobre a unha da madrugada -abriranse as portas do foso ao público en xeral para poder asistir ao concerto de Pelepau. Son unha ducia de músicos de percusión especializados nas cantigas tradicionais, que co seu ritmo e a súa interacción co público constante son un éxito asegurado. Naceron en Vigo no 2010 e teñen un disco no mercado Fío e agulla. O ano pasado participaron na Festa da Carballeira de Zas.
A cea no foso do Castelo de Vimianzo reúne cada ano centos de persoas na véspera do día grande do Asalto
O sistema de venda de entradas para a VIII edición da Cea Medieval é similar ao de edicións anteriores. Haberá un primeiro prazo de venda de entradas para patrocinadores e colaboradores que remata o 28 de maio. O número máximo de entradas que se poden comprar é de 4 por persoa. As entradas terán que ser solicitadas a través do correo electrónico festa@asaltoaocastelo.org ou 607 322 430, preferentemente vía Whatsapp.
A partir do 29 de maio e até esgotar existencias poranse en venda as entradas que queden libres. O máximo número de entradas a sacar nesta fase será o de 4 por persoa. As entradas tan só se poderán obter a través do portal de venda online www.ataquilla.com.
O custe da cea é de 25€.
Novas relacionadas
- Asalto 2017: Muchachito e Festicultores Troupes únense ao cartel do XXII Asalto ao Castelo de Vimianzo
- Asalto 2017: Asociacións e grupos da Terra de Soneira invitados a participar no desfile das Irmandades Parroquiais do Asalto ao Castelo
- Asalto 2017: Xabier Díaz e Herdeiros da Crus tocarán na XXII edición do Asalto ao Castelo
- Asalto 2016: Os irmandiños volven a Vimianzo
- Asalto 2016: Dezaoito pinchos irmandiños poñen o toque gastronómico do Asalto ao Castelo
- Asalto 2016: O Asalto ao Castelo premia aos mellores traxes medievais e ás fachadas mais singulares
- Asalto 2016: Os irmandiños presentan o cartel do XXI Asalto ao Castelo
- Asalto 2016: Póñense á venda as primeiras entradas para a Cea Medieval do Asalto
- Asalto 2016: Ábrense as inscricións para a VI feira artesanal do Asalto ao Castelo
- Asalto 2016: Os hostaleiros de Vimianzo prepáranse para os pinchos irmandiños
- Asalto 2016: O Asalto ao Castelo quece motores cunha reunión organizativa
- Asalto 2015: O XX Asalto ao Castelo 2015, xa no youtube.
- Asalto 2015: A representación teatral reivindica a singularidade dos 20 anos do Asalto ao Castelo.
- Asalto 2014: Os rollos da Marquesa; gañador dos pinchos irmandiños do Asalto ao Castelo de Vimianzo.
- Asalto 2013: Asalto ao Castelo, a traca final (en vídeo).
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Asalto ao Castelo