Martes. 16.04.2024
El tiempo

ELECCIÓNS

Adiante Vimianzo presenta unha lista con caras novas e baixas importantes

Manuel Antelo e Marta Rey na presentacion de Adiante Vimianzo
Manuel Antelo e Marta Rey na presentació de Adiante Vimianzo
Adiante Vimianzo presenta unha lista con caras novas e baixas importantes
Adiante Vimianzo presenta unha lista con caras novas e baixas importantes

A falta de Fernando Mancebo, man dereita durante moitos anos do alcalde, e de María Jose Ramos, concelleira se Servizos Sociais en dúas lexislaturas, son as baixas máis importantes da lista que Adiante Vimianzo presentou esta pasada fin de semana de cara ás eleccións municipais do vindeiro 26 de maio.

Unhas baixas que, segundo os protagonistas, se dan polo caracter personalista do propio Manuel Antelo. Un Antelo quixo agradecer o seu traballo durante todos estes anos durante o acto de presentación da súa nova lista, este pasado venres.

Se en 2011 e 2015 fíxoo da man do BNG, partido que abandonaba toda a súa lista en 2016, esta vez faino baixo as siglas de Adiante Vimianzo.

Antelo, acompañado de Marta Rey, daban a coñecer a lista de 13 nomes que aspirarán a revalidar os 8 concelleiros de 2015, pero a

Farano con 4 membros da antiga lista, e moitas caras novas, nunha candidatura paritaria entre homes e mulleres, representativa de todas as parroquias do concello, e de todos os sectores sociais e profesionais: estudantes, funcionarios, autónomos, empregados, xubilados…

Ademais da candidatura, na reunión falouse das principais liñas do programa, que buscarán dar continuidade ao proxecto político co que se produciu o cambio en 2011 e se puxeron as base para un impulso forte ao noso concello. “Nestes momentos somos un referente comarcal en moitas cousas, e non podemos retroceder, senón seguir avanzando”, dixo Antelo.

Á espera de coñecer os suplentes, estes son os 13 primeiros nomes de Adiante Vimianzo.

  • 1. Manuel Antelo Pazos (Vimianzo).
  • 2. Marta Rey Lema (Piroga).
  • 3. Uxío Vidal Quintáns (Baíñas).
  • 4. María Jesús Barbeira Pose (Salto).
  • 5. Francisco Trillo Pazos (Carnés).
  • 6. José Antonio Vidal Mira (Pasarela).
  • 7. Adela Rodríguez Costa (Berdoias).
  • 8. Jaime Blanco Roget (Cambeda).
  • 9. Estephanie Castro Doanes (Carantoña).
  • 10. Manuel Lorenzo Hermida (Serramo).
  • 11. Vanesa Pazos Touriñán (Carnés).
  • 12. Francisco Javier García Pouso (Baíñas).
  • 13. Ana María Pastoriza Antelo (Bamiro).

Novas relacionadas

Comentarios