Venres. 26.04.2024
El tiempo

Adiante Vimianzo propón crear un Bono-Tarxeta e axudas directas para o tecido empresarial

Ruas de Vimianzo
Adiante Vimianzo propón crear un Bono-Tarxeta e axudas directas para o tecido empresarial

O grupo Adiante Vimianzo vén de facer varias propostas en materia de reactivación económica contra a crise da Covid. O grupo pide un esforzo ao Concello vimiancés para axudar directamente ao comercio, a hostalería e restauración, os profesionais autónomos de diferentes sectores, que se “enfrontan neste 2020 á peor crise económica e social dos últimos tempos”.

E unha das medidas propostas, tomando como exemplo a experiencia Sempre Carballo, ou do PRESCO da Coruña, é a creacion dunha Campaña de bonos para compra ou gasto en Vimianzo, pensando na campaña de Nadal.
Un bono que fomentaría a economía circular, na que se terían que adherir os establecimentos do Concelo, e para a que cada habitante podería solicitar 50€ para gastar en cada un dos sectores económicos: comercio minorista, hostalaría e restauración, alimentación, talleres de venda ou reparación, centros de estética e perruquería, profesionais autónomos (carpintería, fontanería, electricidade, albanelería, pintura...) e demais sectores.
>Apuntan mesmo unha previsión orzamentaria para destinar a esta campaña, de 150.000€, podendo ampliarse se fose necesario debido á demanda social.

Pero tamén piden “axudas específicas para o empresariado autónomo e a microempresa de 1.500€”, e para “aquelas persoas traballadoras que se viron obrigadas a deixar de traballar ao pecharse a actividade que as empregaba, de 1.000€”. Esta liña sumaría outros 200.000€, aproximadamente.

Deste xeito, o grupo propón que o Concello aprobe unha modificación orzamentaria por un total de 350.000€ para facer fronte a estas axudas.

Comentarios