Antón Yanguas bota a andar a súa residencia artística no Auditorio de Vimianzo

A Casa da Cultura de Vimianzo xa está convertida de novo en residencia artística, no marco da convocatoria 2025 de Residencias Paraíso impulsadas polo colectivo RPM. Estrea este curso o creador galego Antón Yanguas, xa instalado co seu equipo na vila soneirá. Ao longo destes meses estará traballando no seu proxecto de investigación, que baixo o título ‘Open Call’ aborda o mundo das convocatorias artísticas e a exposición continua da figura do bailarín.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, e a técnica de Cultura Nieves Lema recibiuno onte e desexoulle “moita sorte nesta nova etapa, que de seguro será moi enriquecedora. Agardo que este tempo de traballo sexa moi frutífero e que poidas descubrir e empaparte da nosa cultura ao mesmo tempo que desenvolves o teu proxecto”.
Pola súa parte, Yanguas mostrouse moi ilusionado con poder empezar a súa investigación no Auditorio de Vimianzo e agradeceu “ao colectivo RPM e ao Concello por brindarme esta oportunidade, da que aproveitarei cada día”.
O proxecto conta co financiamento da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, e das distintas institucións coprodutoras do programa.