Aprobado o parque eólico no Alto da Croa


Malia o rexeitamento que están a recadar na bisbarra, a Xunta vén de aprobar un novo parque eólico. Trátase de 4 novos viraventos cunha potencia de 2.000 kw cada un, que se instalarán no Alto da Croa, no termo municipal de Vimianzo. O proxecto será desenvolto pola empresa Gamesa Energía S.A..
Ou viraventos ou o lobo
Un parque que pode amenazar a superviviencia do lobo no Alto da Croa, como denunciaba Adega no 2009. Dende a asociación ecoloxista consideran que está demostrado que as familias de cánidos abandonan zonas con estas novas infraestruturas.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de considerar o proxecto "ambientalmente viable", pero obriga á empresa a desenvolver un "exhaustivo plan de estudio e seguemento" que permita "determinar tanto se existen perturbacións nas poboacións de lobos debidas á construción e no funcionamento de parques eólicos".
Novas relacionadas
- Denuncian que o parque eólico do Alto da Croa ameaza a supervivencia do lobo .
- Denuncian a instalación do Parque Eólico do Monte Tourado por posibles problemas mediomabientais.
- 10-01-11: O grupo ecoloxista PX amósase satisfeito ante a resolución sobre a ubicación do parque eólico muxián.
- 07-01-11: O Camiño alonxa os eólicos da zona de Muxía.