xoves. 08.05.2025
El tiempo

APTCM organiza en Vimianzo un taller sobre as novas tecnoloxías para o sector turístico

APTCM organiza en Vimianzo un taller sobre as novas tecnoloxías para o sector turístico
A casa da Cultura de Vimianzo acolle este xoves, 30 de novembro, un taller de novas teconoloxías e o seu impacto no sector tutístico organizado pola asociación Profesional do Sector Turístico da Costa da Morte - APTCM - e que se enmarca dentro do III Plan de Formación do Clúster de Turismo de Galicia. O taller, que comeza ás 18 horas, é gratuito e os/as interesados/as en participar ainda están a tempo de anotarse a través do número de teléfono 981 654 772. O obxectivo desta actividade é, por unha parte, sensibilizar ao sector sobre a importancia da incorporación das novas tectoloxías de xestión de empresas turísticas. E por outra, intentarase dar a coñecer as tendencias e posibles aplicacións no sector para manter uns elevados niveis de calidade e mellora na productividade e competitividade. Novas relacionadas   Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • APTCM

Comentarios